InicioECONOMÍAA IA e a Xeración Z centran o Foro Talentia celebrado hoxe...

A IA e a Xeración Z centran o Foro Talentia celebrado hoxe en Santiago

O encontro reuniu no Palacio de Congresos a especialistas en tecnoloxía e talento dixital, nun acto inaugurado pola alcaldesa Goretti Sanmartín e a tenenta de alcaldesa María Rozas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Palacio de Congresos acolleu esta tarde unha nova edición do Foro Talentia, un punto de encontro no que especialistas en intelixencia artificial, líderes empresariais e profesionais do ecosistema dixital analizaron os cambios do mercado laboral e o papel da Xeración Z na transformación tecnolóxica. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, abriron o acto, no que tamén participou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Representantes das entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego asistiron tamén ao encontro.

Na súa intervención, a rexedora compostelá apelou directamente á mocidade, á que animou a “arriscar, a probar, a equivocarse e a aprender”, destacando que este proceso é clave “para transformar as ideas en proxectos reais” e construír unha cidade máis innovadora. Sanmartín lembrou que o Foro Talentia busca “estimular a busca de espazos onde xorden as ideas brillantes, mesmo sabendo que ás veces chegan fracasos”.

A concelleira María Rozas incidiu na necesidade de abordar os retos laborais desde unha perspectiva positiva: “o obxectivo é analizar a nova realidade marcada pola intelixencia artificial cunha mirada optimista”, sinalou, subliñando que esta tecnoloxía “debe ser unha ferramenta de transformación en positivo, non de destrución de emprego”. Ademais, puxo en valor á Xeración Z, unha mocidade que definiu como “forte, valente e emprendedora”, con demandas claras sobre un equilibrio entre vida persoal e profesional.

UN PROGRAMA CON VOCES DESTACADAS DA TECNOLOXÍA E DA CREACIÓN

O foro reuniu relatoras e relatores de perfís moi diversos, entre eles a pianista ‘Isabel Dobarro’, gañadora dun Grammy Latino, que ofreceu unha conferencia e unha actuación musical en directo. Tamén interviñeron Sebastián Brandt, director executivo de Odoo España; María Soto, especialista en innovación e IA en Bravent; Lara Neira, CEO e confundadora de Nigal e doutora en intelixencia artificial; Sergio Lucas, fundador de Leeters; a arquitecta Sofía Blanco, cofundadora do estudo Barboza Blanco Office, e os expertos en talento dixital Saúl Campos e Anadía Delgado, do grupo Go Talents.

Ademais das intervencións, houbo momentos de encontro informal, fotos de familia coas relatoras e relatorios, e espazos de reflexión compartida arredor do impacto da IA na creatividade, no emprego e nos novos modelos produtivos.

A FEIRA TALENTIA SERÁ DO 9 AO 11 DE DECEMBRO

Como continuidade ao foro presencial, a Feira Talenta desenvolverase entre o 9 e o 11 de decembro en formato virtual. O programa inclúe cursos de formación, certificacións oficiais en competencias dixitais e idiomas, obradoiros para mellorar a marca persoal e espazos de contacto directo con responsables de selección de numerosas empresas. As persoas participantes tamén poderán enviar o seu currículo a centos de procesos de contratación activos.

Na área formativa, destaca de novo o acceso gratuíto a máis de 15.000 cursos en LinkedIn Learning, así como á plataforma Talentia IT Skills, que ofrece preparación oficial en tecnoloxías como Microsoft, Cisco, Meta ou JavaScript. No ámbito lingüístico, o evento permitirá obter a Certificación Oxford en varios niveis.

O prazo de inscrición permanece aberto e, segundo os datos facilitados pola organización, xa se reservaron preto de 2.000 prazas nas actividades formativas previstas.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Santiago supera os 100.000 habitantes e lidera o crecemento demográfico na comarca

A comarca de Santiago arrinca o ano 2025 cun avance demográfico significativo, segundo o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here