InicioECONOMÍAO Concello e Unión Hoteleira avanzan na implantación da taxa turística malia...

O Concello e Unión Hoteleira avanzan na implantación da taxa turística malia o recurso contencioso

O encontro serviu para resolver dúbidas técnicas de cara á entrada en vigor do imposto o 1 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela mantivo este martes unha reunión con representantes de Unión Hoteleira Compostela para abordar cuestións técnicas arredor da aplicación da taxa turística, que entrará en vigor o próximo 1 de outubro.

No encontro participaron a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e o edil de Facenda, Manuel César, ademais doutros responsables municipais. Segundo informou o consistorio, tratouse dunha sesión “cordial e produtiva” que dá continuidade ás mantidas nos últimos meses con diferentes asociacións do sector. O goberno local reiterou a súa intención de aplicar o imposto na data prevista, a pesar do recurso contencioso interposto por Unión Hoteleira.

A entidade recorrente considera que a proposta municipal non acredita a “necesidade concreta” esixida pola normativa autonómica e critica que se empreguen “datos dispersos” —como o tránsito de visitantes, o número de peregrinos ou os pasaxeiros— para xustificar a recadación. Ademais, sostén que non existe un déficit fiscal derivado do turismo que avale o novo gravame. Estas conclusións son rexeitadas polo executivo municipal, que defende a legalidade e xustificación da medida.

Consultados tras a reunión, desde Unión Hoteleira Compostela precisaron que a convocatoria tiña carácter “técnico” e centrouse en aclarar aspectos prácticos para a aplicación da taxa: “foron cuestións técnicas para aplicala”, resumiron.

A entrada en vigor da taxa turística en Compostela chega, así, precedida dun proceso de diálogo co sector, aínda que non exento de discrepancias xurídicas e interpretativas.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mercería Algui e a Asociación Compostelá de Diabetes protagonizan en outubro ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

A campaña municipal '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de outubro á colaboración...

A CIG reclama ao Concello que rescinda o contrato do SAF e asuma directamente o servizo

A CIG reclamou ao Concello de Santiago a rescisión inmediata do contrato coa empresa...

Wizz Air abrirá en decembro a súa base en Santiago cun avión permanente e sete rutas

Wizz Air porá en funcionamento o próximo 17 de decembro a súa nova base...