InicioECONOMÍASanmartín destaca o papel de Cociñas Santos como xerador de espazos para...

Sanmartín destaca o papel de Cociñas Santos como xerador de espazos para a vida durante a inauguración das novas oficinas en Santiago

"Queremos máis habitantes, pero con calidade de vida e vivenda digna", afirmou a rexedora compostelá nun acto no que puxo en valor o compromiso da empresa co territorio e a súa evolución centenaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou este luns na inauguración das novas oficinas da empresa Cociñas Santos, situadas nun barrio en expansión da cidade, e aproveitou o acto para reivindicar o valor simbólico e social das cociñas como espazos centrais da vida cotiá. A rexedora felicitou á empresa polo seu percorrido de máis dun século e salientou que “o que Santos ofrece non é só un produto, senón un espazo para contar historias, que é a maneira de ter memoria e de seguir sendo”.

No seu discurso, Sanmartín fixo un percorrido pola evolución das cociñas galegas ao longo dos últimos cen anos, desde as lareiras nas casas rurais ata os actuais espazos de deseño, adaptados aos novos modelos familiares e formas de vida urbana. Lembrou que “as primeiras cociñas eran sinxelas, centradas no lume aberto, con poucos mobles e moita vida ao redor”, e comparounas coas actuais propostas de Santos, que considerou “espazos cómodos, innovadores e atractivos, pensados para compartir tempo de calidade”.

A alcaldesa quixo tamén vincular esta inauguración co proceso de transformación urbana de Santiago, ao subliñar que o novo edificio se sitúa nun barrio onde se están a construír “as primeiras vivendas públicas en décadas”, o que, segundo ela, abre unha nova etapa na que “as administracións están comprometidas para garantir condicións de vida dignas”. Neste sentido, apuntou que o Concello traballa en liña coas demais administracións para impulsar a rehabilitación, o uso de vivendas baleiras e a promoción pública, con proxectos como o da parcela de Peleteiro, en colaboración co Estado e o Sareb.

Durante a súa intervención, Sanmartín tamén fixo referencia ao crecemento demográfico da cidade, anunciando que Santiago superou xa os 100.000 habitantes, unha cifra que, segundo dixo, debe ir acompañada dun incremento na calidade dos servizos e da vivenda. “Non queremos só máis xente, queremos boas condicións de vida e espazos de calidade”, afirmou.

Por último, a alcaldesa felicitou ao equipo de Santos e ás familias que conforman a empresa por manter viva unha tradición iniciada hai un século por unha familia carpinteira, e por ter sido quen de “adaptarse aos cambios tecnolóxicos, organizativos e sociais sen perder a identidade”. “Santos soubo pasar do banco de carpintería á mecanización robótica, sen esquecer que nas cociñas é onde se contan as mellores historias”, concluíu.

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Pedro Blanco destaca o Xacobeo 2027 como unha “oportunidade para proxectar Galicia no mundo

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o Xacobeo 2027 como unha...

A modificación do plan de regulación de usos da cidade histórica recibe 152 alegacións

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, informou de que durante...

A Cámara de Comercio de Santiago chama ás empresas a participar no I Barómetro Empresarial da área

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela fixo un chamamento ás empresas de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here