InicioECONOMÍAOs Orzamentos Participativos de Mocidade de Santiago abren o prazo para propostas

Os Orzamentos Participativos de Mocidade de Santiago abren o prazo para propostas

A Concellaría destina 100.000 euros para proxectos dirixidos á xuventude compostelá

Publicado o

Xornal de Compostela

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago puxo en marcha unha nova edición dos Orzamentos Participativos de Mocidade, coa apertura do prazo para a presentación de propostas. Este proceso, que conta cunha partida de 100.000 euros, busca fomentar a participación cidadá e a implicación directa dos mozos e mozas nas decisións municipais.

A presentación de propostas está aberta a persoas de todas as idades, sempre que as actividades suxeridas estean dirixidas á mocidade. As iniciativas poden formularse a través do formulario dispoñible na plataforma municipal decide.santiagodecompostela.gal. As propostas deben cumprir certos requisitos: ser viables tecnicamente, de interese xeral, estar dentro das competencias municipais e non superar os 15.000 euros de orzamento por actividade.

A tenente de alcaldesa, María Rozas, animou á participación, destacando que “é fundamental que a mocidade teña un papel activo nas decisións que lles afectan”. A concelleira sinalou tamén que os orzamentos participativos están xa “consolidados en moitos municipios” e lembrou o éxito da edición anterior, na que se incrementou a participación nun 420% respecto a 2019.

Unha vez avaliadas e validadas as propostas presentadas, a fase de votación terá lugar no mes de marzo. Neste punto, só poderán votar os mozos e mozas nacidos entre 1995 e 2009, empadroados en Santiago ou que acrediten documentalmente estudar ou traballar no municipio.

Na última edición, presentáronse 286 propostas, das que finalmente se votaron 103 tras a agrupación e validación técnica. As propostas máis destacadas incluíron iniciativas relacionadas co cine, a música, o benestar animal e a saúde. O proceso contou con case 1.200 participantes, demostrando o interese crecente por parte da xuventude compostelá.

Con esta nova edición, o Concello busca seguir consolidando este espazo de participación activa e implicar aínda máis á cidadanía máis nova no deseño de proxectos que enriquezan a vida comunitaria en Santiago.

ÚLTIMAS

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here