InicioECONOMÍAGoretti Sanmartín critica o aumento do 10% no financiamento do Estatuto de...

Goretti Sanmartín critica o aumento do 10% no financiamento do Estatuto de Capitalidade para Santiago

A alcaldesa considera "decepcionante" a subida prevista nos orzamentos de 2025, mentres a Xunta defende o esforzo financeiro realizado

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, cualificou de “decepcionante” o aumento do 10% no financiamento do Estatuto de Capitalidade recollido nos orzamentos de 2025, o que supón uns 250.000 euros máis, deixando a contía final en 2,6 millóns de euros. Sanmartín afirmou que esta cifra non cumpre coas expectativas para a capital galega: “Non podemos deixar de valorar esta cifra como decepcionante para Santiago de Compostela”, indicou, lamentando que o presidente da Xunta non estea a cumprir coas súas promesas.

A alcaldesa tamén lembrou que Santiago é “a cidade que menos recibe por este concepto en todo o Estado español” e subliñou que, a pesar do aumento, a cifra segue por baixo dos 3 millóns de euros que a cidade chegou a percibir noutros anos. Ademais, Sanmartín recordou o compromiso do presidente autonómico de convocar o Consello de Capitalidade para revisar as cifras de financiamento.

Pola súa banda, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, defendeu que a Xunta realizou un “esforzo importante”, destacando que o 10% de aumento no Estatuto de Capitalidade supera a subida do gasto non financeiro dos orzamentos, que será do 2,6%. Ademais, Corgos mencionou que se suman outras partidas como a destinada ao Consorcio de Santiago, que tamén experimenta un aumento do 10%, alcanzando os 3,2 millóns de euros.

O conselleiro engadiu que Santiago tamén se beneficia de fondos como o Fondo de Cooperación Local, o canon de Sogama e o IBI que cobra á Xunta, o que eleva o total das partidas incondicionadas para a cidade a máis de 12 millóns de euros. Corgos tamén avanzou que traballará para convocar o Consello de Capitalidade unha vez se complete o trámite dos orzamentos.

ÚLTIMAS

A Xunta reunirase co arquitecto das gárgolas do Hostal para revisar a solución aplicada

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia manterá ao longo desta semana unha...

Un operario resulta ferido tras caer dunha estada en Vista Alegre e é trasladado ao hospital

Un operario resultou ferido este martes pola mañá tras sufrir unha caída dende unha...

O aeroporto de Santiago cesa a súa actividade ata finais de maio e cede voos ao da Coruña

Aena pechará desde este xoves, día 23 de abril, e até o 27 de...

A Xunta dá luz verde ao proxecto de Mallou en Santiago con máis de 3.600 vivendas

O Consello da Xunta aprobou inicialmente o proxecto de interese autonómico (PIA) para desenvolver...

Sanmartín defende o papel do Concello na captación de rutas e pide máis implicación da Xunta no aeroporto compostelán

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, respondeu ás críticas formuladas por Partido Popular e...

O Centro de Investigación Mestrelab de Santiago atrae 56 científicos e impulsa a creación de 27 empregos desde 2024

O Centro de Investigación Mestrelab (CIM), situado en Santiago de Compostela, acadou nos seus...