InicioDEPORTESAroha Traba proclámase subcampioa galega de patinaxe na categoría alevín

Aroha Traba proclámase subcampioa galega de patinaxe na categoría alevín

A patinadora do CPA Omega, natural de Ames, participará no Campionato de España en outubro en Pamplona

Publicado o

Xornal de Compostela

A patinadora Aroha Traba Castiñeiras, do CPA Omega e orixinaria de Ames, proclamouse subcampioa galega na categoría Alevín feminino durante o Campionato Galego de Patinaxe Benjamín a Infantil, celebrado en Ribeira os pasados días 21 e 22 de setembro. Este importante logro permitiralle competir no Campionato de España, que terá lugar en Pamplona do 23 ao 26 de outubro.

Aroha Traba, que se atopa no seu segundo ano de competición, segue destacando no ámbito deportivo. No pasado, xa se converteu en campioa provincial da Coruña 2024, un título que tamén acadou o ano anterior, ademais de ser campioa galega na categoría benxamín.

A adestradora do CPA Omega, Anahí Sotelo, expresou a súa satisfacción co resultado, destacando que “Aroha é unha patinadora nova, de primeiro ano na categoría alevín, polo que é unha sorpresa agradable que acadase este título competindo contra patinadoras maiores”. Sotelo engadiu que “é unha deportista moi traballadora, constante e regular nos adestramentos”.

Ademais de Aroha Traba, o CPA Omega participou no campionato con Claudia Veiga, que acadou o sexto posto na categoría alevín feminino, e Adela Tarrío, que obtivo o quinto posto en benxamín feminino.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago recoñecerá o talento deportivo local na VIII Gala do Deporte o 24 de marzo no Auditorio de Galicia

O Concello celebrou este xoves a presentación da VIII Gala do Deporte, un acto...

A carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ volverá encher de atletas as rúas de Santiago o 22 de marzo

A carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ encherá de atletas as rúas de Santiago de Compostela...

E-motion logra un pleno de podios no seu debut interautonómico en Madrid

A escola de baile e acrobacia E-motion, con sede en Bertamiráns, estreouse este domingo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here