InicioDEPORTESO Monbus Obradoiro arrinca a tempada con partidos na Copa de España...

O Monbus Obradoiro arrinca a tempada con partidos na Copa de España e Galicia

O equipo debutará en Santiago antes de viaxar a Cataluña e Lugo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro comezará a súa tempada con varios encontros na Copa de España e na Copa Galicia. O primeiro desafío será o 7 de setembro, cando o equipo enfréntase ao Club Baloncesto Ourense no pavillón do Sar. O encontro, que terá lugar ás 18:30, corresponde á primeira xornada da Copa de España.

Na semana seguinte, o 11 de setembro, o equipo viaxará a Cataluña para xogar a terceira xornada da Copa de España contra o Mataró. Tras este partido, o Obradoiro permanecerá en Cataluña e xogará, o 13 de setembro ás 19:30, contra o Sant Feliu na segunda xornada da mesma competición.

Xa na semana do 16 de setembro, o equipo participará na Copa Galicia en Lugo. Aínda están por determinarse os enfrontamentos das semifinais que se xogarán o venres. Os resultados das semifinais determinarán os equipos que se disputarán a final, prevista para o domingo 22 de setembro.

Para pechar o mes, o Monbus Obradoiro iniciará a tempada ligueira o 29 de setembro cun partido en Madrid contra o Movistar Estudiantes, programado para as 18:30.

CORPO TÉCNICO

O equipo compostelán confirmou ademais recentemente a configuración final do seu corpo técnico para a nova temporada. Eloy Ramírez e Fran Hernández mantéñense como axudantes de Gonzalo Rodríguez, e cinco figuras clave tamén continuarán no club.

Alexandre Fernández seguirá a desempeñar o seu rol como fisioterapeuta, Rubén Vieira continuará como preparador físico, Jesús Marque será o novo médico e Nico Vázquez asume o cargo de team manager. Estes membros xa coñecen ben o club e contribuirán á continuidade do proxecto.

Héctor Galán, director xeral do Monbus Obradoiro, expresou a súa satisfacción co mantemento de figuras coñecidas no corpo técnico. “Este ano combinaremos continuidade, coñecemento do club e da cidade e identidade coa chegada de dous novos adestradores axudantes que achegarán experiencia e coñecemento da competición”.

Galán tamén subliñou a importancia de conformar un bo grupo de traballo, destacando que agardan que o novo corpo técnico “sexan quen de trasladar a responsabilidade e o proxecto que temos por diante a todo o equipo”. O director xeral mostrouse “contento, ilusionado e con moitas ganas de que isto comece para poder velos en acción”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1...

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do...

O Compos arrinca o 2026 cunha vitoria a domicilio e mantén a portería a cero

A SD Compostela iniciou o ano 2026 do mesmo xeito que pechara o anterior,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here