InicioDEPORTESO Motoclub Ameixenda organiza o Gran Premio Concello de Ames de supercross

O Motoclub Ameixenda organiza o Gran Premio Concello de Ames de supercross

A proba, non oficial e non federada, contará con entre 60 e 70 pilotos no circuíto SX Alex de Moure

Publicado o

Xornal de Compostela

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza o vindeiro domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran Premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Esta proba desenvolverase no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, e contará coa participación dos mellores pilotos de supercross de toda Galicia. Estímase que participen entre 60 e 70 pilotos.

O Motoclub Ameixenda presenta unha nova edición do Gran Premio Concello de Ames de supercross, un evento a nivel autonómico, non oficial e non federado, segundo a lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia. Con esta proba, búscase potenciar o deporte de base na modalidade do supercross e motocross.

Galicia é unha potencia mundial neste deporte, contando con dous pilotos no campionato do Mundo de Motocross: Jorge Prado, actual campión do mundo de MXGP, e Rubén Fernández, na elite do supercross internacional. O Motoclub Ameixenda subliña que probas como a de Ames “son fundamentais para que mozos e mozas poidan iniciarse neste deporte e chegar a niveis altos de competición”.

Esta proba, que se celebrará no circuíto SX Alex de Moure, na parroquia da Ameixenda, é parte do campionato autonómico ‘Galicia League, Crono Racing‘, que inclúe un total de seis probas, destacando a participación do piloto Román Pérez, campión de España e Portugal.

Para a organización do evento, o Motoclub Ameixenda conta coa colaboración do Concello de Ames, a Agrupación de Protección Civil de Ames, a Deputación da Coruña e o Salón de Beleza Paula, situado en Bertamiráns. Os participantes estarán divididos en sete categorías diferentes: Pro, Elite, Amateur, 85cc, 65cc, 50cc, e Féminas. Estímase que participen entre 60 e 70 pilotos.

HORARIOS

Entre as 8:30 e as 10:15 horas da mañá, realizaranse as verificacións técnicas e administrativas. A partir das 11:00 horas, os pilotos participarán nos adestramentos libres e de clasificación. Ás 15:30 horas, dará comezo a proba, composta de dúas mangas por categoría. Ao remate da proba, realizarase a entrega de trofeos.

CIRCUÍTO

SX Alex de Moure O circuíto SX Alex de Moure dispón dunha pista de 680 metros por 6 de ancho e diferentes saltos: mesetas, dobres, etc. Este recinto de máis de 19.000 metros cadrados conta cun amplo aparcadoiro gratuíto, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para a contemplación desta modalidade deportiva.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A San Silvestre de Santiago 2025 reunirá 2.500 corredores nun novo percorrido de cinco quilómetros

O Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo veñen de activar a...

O Monbus Obradoiro abre as inscricións do XII Campus Nadal Obradoiro El Corte Inglés 2025 en Santiago

O Monbus Obradoiro anunciou a apertura das inscricións para a XII edición do 'Campus...

O Compos mantén o liderado tras un empate en Arteixo

A SD Compostela pechou a última xornada antes do parón con un punto valioso...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here