InicioDEPORTESO Monbus Obradoiro comeza a pretempada o 18 de agosto baixo a...

O Monbus Obradoiro comeza a pretempada o 18 de agosto baixo a dirección de Epi

O club compostelán define xa o calendario de amigables, coa vista posta na estrea na Primeira FEB

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro xa ten marcada a data de inicio da súa pretempada: será o luns 18 de agosto, cando os xogadores comezarán os adestramentos baixo as ordes do novo adestrador, Jordi Fernández ‘Epi’, coa mente posta no debut na Primeira FEB, despois do descenso da pasada tempada.

Os integrantes do cadro comezarán a chegar a Santiago de Compostela ao longo da vindeira semana, coas primeiras probas médicas previstas entre o xoves 14 e o propio luns 18, día no que tamén se estreará o traballo na pista.

O calendario de amigables vai collendo forma e inclúe varios encontros salientables. O primeiro será o venres 29 de agosto ás 20:30 contra o Leyma Coruña, no Torneo San Roque que se celebrará en Vilagarcía de Arousa. O luns 1 de setembro, o equipo volverá medirse ao FC Porto, nun clásico da preparación obradoirista. Este encontro, aínda por confirmar se se celebrará a porta aberta, podería funcionar máis como un adestramento con pausas técnicas que como un partido convencional.

A seguinte fin de semana, o venres 5 e sábado 6, disputarase na cidade da Coruña unha nova edición da Copa Galicia, aínda pendente de confirmar os emparellamentos das semifinais.

Xa no treito final da preparación, o Obradoiro viaxará o sábado 13 de setembro a Oviedo para enfrontarse ao equipo local e, apenas tres días despois, o martes 16, xogará en Ponferrada fronte ao Zamora.

Como acto final antes do inicio da competición oficial, o club ten previsto organizar un partido de presentación en Santiago, aínda sen rival nin data concreta, pero que se espera para a fin de semana do 19 de setembro.

Ademais, o día 9 de setembro está programado un adestramento a portas abertas, que servirá de reencontro co público compostelán. O club advertiu que a data podería variar, polo que informará a través dos seus canais oficiais cando se achegue o momento.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1...

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do...

O Compos arrinca o 2026 cunha vitoria a domicilio e mantén a portería a cero

A SD Compostela iniciou o ano 2026 do mesmo xeito que pechara o anterior,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here