InicioDEPORTESAdrián Armental regresa ao Compos para liderar o ataque cara ao ascenso

Adrián Armental regresa ao Compos para liderar o ataque cara ao ascenso

O extremo ribeirense, con máis de 300 partidos entre categorías nacionais, incorpórase ao equipo de Secho con contrato por unha tempada

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sociedade Deportiva Compostela vén de anunciar a incorporación do extremo Adrián Armental González (Ribeira, 24/07/1990) para a tempada 2025/26. O xogador, que xa defendera as cores branquiazuis na campaña 2009/2010, regresa agora a San Lázaro coa vista posta no ascenso a Segunda RFEF, nun proxecto liderado desde o banco por Secho.

A fichaxe de Armental representa un salto de calidade para o ataque do equipo compostelán. O futbolista chega procedente do St. Joseph’s FC de Xibraltar, co que vén de disputar a previa da UEFA Conference League, sendo titular en tres dos catro encontros que xogou e logrando ademais o título de liga na Primeira División xibraltareña. O seu compromiso co Compos será por unha tempada.

Con 35 anos e unha dilatada traxectoria ás súas costas, o ribeirense suma máis de 260 partidos entre Segunda B e Primeira RFEF, ademais de 77 encontros en Terceira División. Tralo seu paso inicial polo Compostela, onde xogou 7 partidos na primeira volta da 2009/10, Armental consolidouse como un dos extremos máis regulares do fútbol galego.

O seu crecemento foi progresivo. Pasou polo CD Boiro, co que conseguiu un ascenso a Terceira; posteriormente destacou no Coruxo FC, con oito goles nunha tempada en Segunda B, antes de vivir catro campañas de gran protagonismo no Racing de Ferrol, onde tamén logrou outro ascenso á categoría de bronce.

O seu rendemento abriulle as portas de equipos como o Atlético Sanluqueño e o CD Alcoyano, con quen acumulou catro tempadas na 1ª RFEF, competindo a alto nivel antes de probar sorte no fútbol internacional.

O regreso ao Compos, máis de quince anos despois da súa primeira etapa, chega nun momento no que o club compostelán aposta con forza por conformar un cadro competitivo para loitar polo salto de categoría. Segundo sinalan desde a entidade, Armental achegará “velocidade, potencia, desborde e chegada”, cualidades que lle permitiron manterse durante máis dunha década en equipos punteiros das categorías semiprofesionais do fútbol estatal.

A súa incorporación ao grupo producirase este xoves, tras uns días de descanso, para sumarse á pretempada en marcha. A dirección deportiva agarda que o seu perfil “experto e ambicioso” contribúa a acadar os obxectivos marcados para este curso.

O club compostelán continúa así reforzando o seu plantel cunha peza coñecida pola afección e cun historial contrastado, que chega para asumir un papel clave na dianteira e ser referente no vestiario nun ano no que a palabra ascenso volve marcar a folla de ruta en San Lázaro.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1...

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do...

O Compos arrinca o 2026 cunha vitoria a domicilio e mantén a portería a cero

A SD Compostela iniciou o ano 2026 do mesmo xeito que pechara o anterior,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here