InicioDEPORTESRoi Graumann reforza a portería da SD Compostela para a tempada 2025/26

Roi Graumann reforza a portería da SD Compostela para a tempada 2025/26

O gardameta vigués de 20 anos chega procedente do Pontevedra B e cubrirá praza sub-23 no Vero Boquete

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela incorpora un novo reforzo para a súa portería de cara á tempada 2025/26. Trátase de Roi Graumann López, un porteiro vigués de 20 anos que asina co club santiagués por unha campaña e ocupará ficha sub-23.

Formado nas categorías inferiores do RC Celta, Graumann deu os seus primeiros pasos destacados no fútbol base ata chegar á Liga Nacional xuvenil. Posteriormente, defendeu as cores do UD Val Miñor, equipo co que logrou o ascenso á División de Honra, categoría na que competiu no seu último ano como xuvenil.

No seu primeiro curso como sénior, o gardameta defendeu a portería do Pontevedra B, equipo de Preferente Galicia, onde disputou 22 encontros de Liga como titular e mantivo a portería a cero en 6 ocasións. O seu rendemento contribuíu a que o filial granate rematase a tempada nunha digna novena posición.

A chegada de Graumann ao cadro que adestra a SD Compostela no Estadio Vero Boquete responde á intención do club de apostar por talento novo con proxección. O porteiro súmase ao proxecto cunha clara vontade de medrar e coa determinación de traballar para acadar o obxectivo do ascenso.

Con esta fichaxe, o equipo compostelán continúa perfilando o seu persoal para afrontar unha nova campaña con aspiracións e renovar o seu compromiso coa xuventude e a proxección de xogadores galegos.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1...

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do...

O Compos arrinca o 2026 cunha vitoria a domicilio e mantén a portería a cero

A SD Compostela iniciou o ano 2026 do mesmo xeito que pechara o anterior,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here