InicioDEPORTESA carreira 'Holi Gaiás' celebrarase o 7 de xuño e terá un...

A carreira ‘Holi Gaiás’ celebrarase o 7 de xuño e terá un fin solidario

A carreira, cun circuíto de cinco quilómetros para os maiores e outro de 700 metros para a Pequena Holi, conta con po de cores, música e coreografías que animan aos participantes durante a xornada

Publicado o

Xornal de Compostela

A sétima edición da carreira ‘Holi Gaiás’ será o 7 de xuño e os interesados en participar xa poden inscribirse na web da Federación Galega de Atletismo. Ademais, os nenos menores de 10 anos poderán participar no evento cunha ‘Peque Holi’ chea de cor. Nesta edición, segundo informou a Xunta, un euro do custo de cada inscrición doarase á Fundación Andrea, que apoia a nenos con enfermidades crónicas, de longa duración ou terminais.

As persoas que non desexen participar na carreira pero que si estean interesadas en colaborar, poderán comprar dorsais solidarios, cuxa achega se destinará de forma íntegra á Fundación Andrea. A carreira, cun circuíto de cinco quilómetros para os maiores e outro de 700 metros para a Pequena Holi, conta con po de cores, música e coreografías que animan aos participantes durante a xornada. Tamén haberá premios nas categorías infantil e adulta para as mellores clasificacións.

Esta xornada deportiva e lúdica, que se celebra no Monte Gaiás, ten como fin fomentar hábitos de vida saudables desde unha perspectiva non competitiva. A saída da Holi Gaiás será ás 12.00 horas e nela inclúense as categorías infantil (nacidos entre 2010 e 2015) e adulta (nacidos en 2009 e anos anteriores). Pola súa banda, os nenos que participen na Pequena Holi (nacidos entre 2016 e 2021) realizarán un percorrido de 700 metros con saída ás 11.30 horas. Os menores nesta última proba poden ir acompañados dunha persoa adulta.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A San Silvestre de Santiago 2025 reunirá 2.500 corredores nun novo percorrido de cinco quilómetros

O Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo veñen de activar a...

O Monbus Obradoiro abre as inscricións do XII Campus Nadal Obradoiro El Corte Inglés 2025 en Santiago

O Monbus Obradoiro anunciou a apertura das inscricións para a XII edición do 'Campus...

O Compos mantén o liderado tras un empate en Arteixo

A SD Compostela pechou a última xornada antes do parón con un punto valioso...