InicioDEPORTESO Monbus Obradoiro promove unha choiva de peluches solidaria en Santiago

O Monbus Obradoiro promove unha choiva de peluches solidaria en Santiago

O evento terá lugar durante o partido contra o Club Ourense Baloncesto no Multiusos Fontes do Sar o 29 de decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro, en colaboración con Indupanel e Obra Social Pediatría, organiza unha choiva de peluches solidaria co obxectivo de garantir que todos os nenos e nenas de Santiago poidan vivir a maxia do Día de Reis. Esta iniciativa terá lugar durante o partido do 29 de decembro contra o Club Ourense Baloncesto no Multiusos Fontes do Sar.

Os asistentes ao partido están convidados a levar peluches en bo estado para lanzalos á pista cando o speaker dea a sinal durante o encontro. Os peluches serán recollidos e entregados á Obra Social Pediatría, que se encargará de distribuílos entre as familias con menos recursos, asegurando que ningún neno quede sen regalo no Día de Reis.

A organización fai un chamamento á solidariedade da afección do Monbus Obradoiro e dos seguidores do Club Ourense Baloncesto para unirse a esta campaña. Os peluches deben estar limpos e en boas condicións, para que cada un poida levar un anaco de ilusión e alegría a un neno que o precise.

Este evento busca converter o Multiusos Fontes do Sar no epicentro da solidariedade e da maxia navideña. “Trae o teu peluche e forma parte deste fermoso xesto que encherá de sorrisos os fogares de familias que están a pasar por momentos difíciles”, instan desde o club.

A choiva de peluches será unha ocasión única para unir deporte, comunidade e Nadal, facendo que Santiago se transforme nun exemplo de xenerosidade. “Este 29 de decembro, fagamos que chova ilusión na Caldeira!”, anima o club.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1...

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do...

O Compos arrinca o 2026 cunha vitoria a domicilio e mantén a portería a cero

A SD Compostela iniciou o ano 2026 do mesmo xeito que pechara o anterior,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here