InicioCULTURAO Festival Galicreques reúne 30 compañías con máis de 60 funcións en...

O Festival Galicreques reúne 30 compañías con máis de 60 funcións en Santiago

O evento celebrarase entre o 12 e o 20 de outubro, con representacións de compañías de oito países e varias estreas internacionais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Festival Internacional Galicreques volve a Santiago de Compostela do 12 ao 20 de outubro cunha programación que inclúe máis de 60 funcións realizadas por 30 compañías de todo o mundo. Así o anunciou o director do festival, Jorge Rei, nunha rolda de prensa acompañado pola concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.

Entre os destaques do festival, que presenta 12 estreas nesta edición, sobresaen montaxes como ‘Lémbrame. Spominaj na mnje’, unha coprodución do Centro Dramático Galego, o Bautzen Theater e a compañía galega Monicreques Alakrán. O evento contará con participación de compañías de oito países, incluíndo Arxentina, Colombia, Ecuador, O Salvador, Francia, Alemaña, España e Portugal.

A xornada do 13 de outubro estará dedicada ao país luso, coincidindo co 50 aniversario da Revolución do 25 de abril.

As compañías galegas que se presentarán este ano inclúen Titiritres, Larei Lará, Monicreques Alakrán, Cachirulo, Danthea Teatro, Monicreques Cascanueces, Olga Abad, Carmen Domech, Brincadeira, Luís Vallecicllo e a arxentina-galega Gabriela González López.

O festival, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde coa colaboración de entidades como o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, tamén ampliará a súa presenza a sete centros socioculturais composteláns: Santa Marta, A Peregrina, Fontiñas, Bando, Vite, Castiñeiriño e Conxo.

Segundo Miriam Louzao, esta edición ofrece “un dos programas máis extensos dos últimos anos”, e consolida Galicreques como “un punto de encontro para o talento internacional”.

ÚLTIMAS

Bugallo presenta a súa renuncia como senador

O exalcalde de Santiago de Compostela Xosé Sánchez Bugallo presentou a súa renuncia á...

Críticas do PSdeG á alcaldesa de Santiago pola “parsimonia” para convocar o pleno sobre os edís socialistas expulsados

O portavoz da Executiva Nacional do PSdeG, Julio Torrado, criticou este venres a "lentitude"...

Raxoi anuncia que xa “exerce as súas competencias urbanísticas” e insta á Xunta a facer o propio

O concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago, Iago Lestegás, afeou, en resposta a...

O Partido Popular reclama a limpeza dos espazos públicos en Vista Alegre

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, expresou a súa preocupación pola...

O Nobel norteamericano Kip Thorne, preocupado polas relacións de Trump e Putin e unha futura guerra nuclear

O premio Nobel de física en 2017, Kip Thorne (Utah, 1940), mostrou a súa...

Un total de 1.400 alumnos correrán pola defensa do galego este xoves en Santiago

Un total de 1.400 alumnos de educación infantil, primaria e secundaria de 17 centros...

A EOI e o IES de Sar presentarán un libro bilingüe de historias breves

Este xoves, 8 de maio, terá lugar a presentación do libro 'Fifty 50-Word Stories...