InicioCULTURAA Xunta celebra o Día Europeo das Linguas cun recital multilingüe en...

A Xunta celebra o Día Europeo das Linguas cun recital multilingüe en Compostela

Alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I participou na lectura de poemas en varias linguas europeas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia adiantou este luns a celebración do Día Europeo das Linguas cun acto institucional que tivo lugar nos soportais do Museo das Peregrinacións e de Santiago. O evento contou coa participación do secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I, que protagonizou un recital multilingüe con poemas de autores europeos como Fernando Pessoa, Walt Whitman e Rosalía de Castro.

Valentín García destacou durante o acto a importancia de “ter unha lingua propia” e animou ao alumnado a valorar o aprendizaxe de idiomas como un medio para fortalecer a comprensión intercultural. “O coñecemento de linguas é unha ponte que une sociedades e culturas”, afirmou. Tamén resaltou a necesidade de visibilizar e promover o uso do galego no marco da diversidade lingüística europea.

O acto de hoxe precede á conmemoración oficial do Día Europeo das Linguas, que se celebra mañá, 26 de setembro. No portal da Lingua Galega, as persoas interesadas poderán consultar as actividades que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos galegos prepararon para esta efeméride.

O Día Europeo das Linguas, instaurado polo Consello de Europa en 2001, busca destacar a importancia de preservar a diversidade cultural e fomentar o entendemento lingüístico a través do aprendizaxe de idiomas. Mañá, o conselleiro de Cultura, José López Campos, representará a Galicia no acto oficial promovido polo Consello das Linguas Oficiais en Alacant.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here