InicioCULTURANove galerías galegas inauguran a nova tempada de exposicións con 'Aberto 24'

Nove galerías galegas inauguran a nova tempada de exposicións con ‘Aberto 24’

A iniciativa inclúe mostras en Santiago, A Coruña, Vigo e Ourense desde o 19 de setembro, combinando artistas emerxentes e consagrados

Publicado o

Xornal de Compostela

Nove galerías de arte da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense únense baixo o concepto ‘Aberto 24’ para dar comezo á nova tempada de exposicións. Organizado pola Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, o evento arranca o 19 de setembro con horarios especiais de apertura, e as mostras poderán ser visitadas nos horarios habituais a partir desa data.

En Santiago de Compostela, participan as galerías Trinta, Dupla e Luisa Pita. A Galería Trinta presentará a exposición ‘Amada’, da artista Juana González; en Dupla, será protagonista a obra da artista urbana Lula Goce; mentres que a galería Luisa Pita amosará ‘Alén do espello’, do escultor Fernando Suárez Reguera.

Na presentación da iniciativa, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa difusión da arte contemporánea, agradecendo a colaboración das galerías no impulso dos traballos de creadores galegos, tanto emerxentes como consagrados.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...