InicioCULTURAManuel Rivas presenta este mércores en Santiago a súa nova novela 'Tras...

Manuel Rivas presenta este mércores en Santiago a súa nova novela ‘Tras do Ceo’

A obra, unha reflexión sobre a caza e a depredación social, será presentada na libraría Cronopios o 18 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O recoñecido escritor e xornalista Manuel Rivas presentará a súa nova novela Tras do Ceo o vindeiro 18 de setembro ás 19:00 na libraría Cronopios de Santiago. Esta obra inaugura un novo proxecto literario do autor, centrado na caza do home polo home e na depredación social e natural. A novela está xa dispoñible nas librarías e terá varias presentacións por distintas cidades galegas nas próximas semanas.

A trama de Tras do Ceo sitúase nunha contorna rural e narra a historia dun grupo de cazadores que, nunha batida, tentan capturar a O Solitario, un lendario porco bravo. Ao longo da xornada, a acción vai máis aló da caza, poñendo en evidencia os conflitos persoais e sociais dos personaxes, que se entrelazan coa presenza de dúas mulleres sendeiristas. A obra aborda temas como o ecoloxismo, o abandono do rural, o machismo e a violencia, mesturando o humor e a atrocidade.

No acto de presentación en Santiago, Rivas estará acompañado pola xornalista Susana Pedreira e polo director de Xerais, Fran Alonso. O autor tamén celebrará un encontro con libreiros e libreiras na cidade o 19 de setembro, antes de continuar a súa xira na Coruña, Pontevedra, Sanxenxo e Bueu.

Manuel Rivas, nado na Coruña en 1957, é un dos autores galegos máis traducidos a nivel internacional e conta cunha ampla traxectoria en narrativa, poesía e xornalismo. Tras do Ceo é a súa primeira incursión nunha serie histórica que reflexiona sobre a relación entre os seres humanos e a natureza, e que, segundo o autor, pon o humor como unha forma de conter a violencia e como expresión de liberdade.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here