InicioCULTURAA Facultade de Filoloxía celebra o seu 50 aniversario cun acto inaugural

A Facultade de Filoloxía celebra o seu 50 aniversario cun acto inaugural

Os eventos contarán coa participación de figuras destacadas e abrirá un ano de actividades conmemorativas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela iniciará este xoves, 12 de setembro, as celebracións polo seu 50 aniversario, nun acto presidido polo reitor Antonio López no Salón de Actos da facultade, a partir das 12.00 horas. Durante o evento, o decano, Elías Feijo, e a vicedecana de Cultura, Alejandra Ulla, presentarán as primeiras actividades programadas para conmemorar estas cinco décadas de historia.

A celebración contará coa presenza de recoñecidos artistas e ex alumnos do centro como Uxía Senlle e Xurxo Souto, que participarán cunha intervención artística. Ademais, o fotógrafo Sérgio Jacques presentará a súa mostra A Dança da Lua, unha exposición fotográfica que recolle a relación do escritor Urbano Tavares Rodrigues coa cidade de Santiago. Esta exposición poderá visitarse até o 20 de setembro, sendo seguida por outra titulada ‘¿Encontraría a Julio Cortázar?… cuarenta años después’, que se inaugurará o 26 de setembro.

Entre os asistentes ao acto estarán destacadas personalidades do ámbito académico e cultural, como o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco; e a concelleira de Compostela, Mercedes Rosón. Tamén estarán presentes membros do comité consultivo e a comisión de honra, con representantes da Xunta de Galicia e da Universidade de Vigo, ademais de entidades colaboradoras e antigas decanas e decanos da facultade.

Como parte das conmemoracións, haberá unha serie mensual de conferencias a cargo de ex decanos, que comezará o 23 de setembro con Ramón Lorenzo.

A Facultade de Filoloxía, cunha longa tradición na formación de profesionais das linguas e a cultura, sitúase como un referente académico en Galicia e no ámbito hispano.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here