InicioCULTURAFabiola García visita a exposición 'Outras historias posibles' no Museo Centro Gaiás

Fabiola García visita a exposición ‘Outras historias posibles’ no Museo Centro Gaiás

A mostra, protagonizada por seis artistas vinculadas a Galicia, estará aberta ata xaneiro de 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este sábado a exposición ‘Outras historias posibles‘, que pode verse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura ata finais de xaneiro de 2025. A mostra reúne as obras de seis artistas nadas na década dos 50 e con vínculos a Galicia: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Branca Silva e Laura Terré.

O obxectivo da exposición é pór en valor a creación artística protagonizada por mulleres, ofrecendo máis visibilidade ao seu traballo. A mostra inclúe unha variada selección de pinturas, esculturas, xilografías, catálogos e revistas, acompañadas de entrevistas en vídeo e audio onde as propias artistas comparten as súas historias e perspectivas.

Fabiola García destacou a importancia de promover iniciativas culturais que visibilicen o papel das mulleres na arte, contribuíndo a enriquecer o panorama artístico galego e internacional.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...