InicioCULTURACompostela acollerá este luns un evento internacional sobre a demencia con participantes...

Compostela acollerá este luns un evento internacional sobre a demencia con participantes de 26 países

A segunda edición de Walking the Talk for Dementia combina o Camiño de Santiago cun simposio de alto nivel para abordar a loita contra a demencia

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela convértese desde mañá no epicentro dunha das iniciativas máis innovadoras e emocionantes no ámbito da demencia coa celebración da segunda edición do evento Walking the Talk for Dementia (WTD). Esta iniciativa internacional, que combina a experiencia do Camiño de Santiago cun simposio científico de alto nivel, reúne a persoas afectadas pola demencia, científicos, profesionais e familias nunha aposta pola colaboración e a concienciación.

O evento, organizado polo xornalista brasileiro Fernando Aguzzoli-Peres, en colaboración con AGADEA ALZHEIMER SANTIAGO e FAGAL, e co apoio científico da Universidade de Santiago de Compostela, contará coa participación de representantes de 26 países, entre eles Arxentina, Estados Unidos, Australia, Brasil, Inglaterra, Escocia, Irlanda, Canadá, Costa Rica, Perú e Portugal. Entre as figuras destacadas atópanse Paola Barbarino de Alzheimer’s Disease International e Ian Fyfe, editor xefe de Nature Reviews Neurology.

Unha ruta de conciencia e colaboración

A primeira etapa do Camiño de Santiago realizarase mañá, percorrendo o tramo entre Sarria e A Pena, e contará coa participación de 80 persoas nun espazo de diálogo e colaboración internacional. A culminación desta ruta terá lugar o xoves 29 de agosto, cando os camiñantes serán recibidos en Monte do Gozo por máis de 200 familias procedentes de toda Galicia. Está prevista a chegada de autobuses desde Ribeira, A Estrada, Santiago, e doutros lugares como Chantada, A Coruña e Cee.

Este evento non é só unha camiñada, senón un símbolo da necesidade de avanzar xuntos na loita contra a demencia.

CIENCIA E EXPERIENCIA NA LOITA CONTRA A DEMENCIA

Os días 30 e 31 de agosto terá lugar o simposio, que incluirá ponencias e mesas redondas sobre temas clave como a detección temperá da demencia, a creación de comunidades amigables coa enfermidade, e os desafíos na integración do sistema sanitario. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) actúa como o principal colaborador científico deste evento.

Taida Sánchez, neuropsicóloga de AGADEA, será unha das voces locais que participará no simposio, compartindo a súa experiencia sobre o Alzheimer nas zonas rurais de Galicia.

Con esta iniciativa, Santiago reafírmase como un punto de encontro internacional para a reflexión e o intercambio de coñecementos na loita contra a demencia, promovendo a creación de solucións innovadoras e solidarias.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here