InicioCULTURAO folk progresivo de Faneka e a cumbia urbana de Cosmic Wacho...

O folk progresivo de Faneka e a cumbia urbana de Cosmic Wacho protagonizan esta semana o ciclo Atardecer non Gaiás

As actuacións musicais, con acceso libre e gratuíto, terán lugar este xoves 8 e venres 9 ás 21.00 horas na praza central da Cidade da Cultura, respectivamente

Publicado o

Xornal de Compostela

Os concertos desta semana do ciclo Atardecer no Gaiás, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, “apostan pola fusión de estilos musicais” co folk progresivo da banda catalá Faneka e a cumbia urbana do dúo arxentino-malagueño Cosmic Wacho. As actuacións musicais, con acceso libre e gratuíto, terán lugar este xoves 8 e venres 9 ás 21.00 horas na praza central da Cidade da Cultura, respectivamente.

Segundo explicou a Consellería nun comunicado, a banda Faneka “busca unha simbiose entre o folclore iberoamericano e o rock progresivo para construír paisaxes sonoras cheos de luz e maxia”. Deste xeito, quen acudan este xoves ao ‘Atardecer no Gaiás’ poderán escoitar os temas do seu último disco, ‘Naranjas al mar’. Un traballo no que Inés de Lis, Bruna González, Anika Sobrina e Alán Denis, exploran diferentes sons e cantan “sen complexos” en catalán, inglés, castelán e galego, “reflexo da diversidade das súas orixes e influencias musicais”.

Por outra banda, o venres 9 de agosto será a quenda de Cosmic Wacho, un dúo arxentino-malagueño que xurdiu en pleno confinamento en 2020 e que traerá a Santiago a súa “orixinal proposta de cumbia urbana”. Os seus dous integrantes, Aless Domínguez e Franco Felici, ofrecerán ao público do Gaiás unha mestura de “psicodelia tropical, sintetizadores e letras cargadas de humor”.

Con todo, Atardecer no Gaiás continuará todos os xoves e venres de agosto con seis propostas máis “para gozar da música en directo”. Os galegos Alana, Alarido e Santi Araújo, a madrileños Carrera Blanca e a rapera de orixes manchegas Bewis de la Rosa completan un “cartel diverso no que teñen cabida os estilos que máis soan entre o público novo”, como o electropop ou os ritmos urbanos. Así mesmo, o ciclo encádrase na campaña CulturON da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, unha iniciativa que impulsa “máis de 30 actividades culturais diarias por toda Galicia”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...