InicioCULTURAO folk progresivo de Faneka e a cumbia urbana de Cosmic Wacho...

O folk progresivo de Faneka e a cumbia urbana de Cosmic Wacho protagonizan esta semana o ciclo Atardecer non Gaiás

As actuacións musicais, con acceso libre e gratuíto, terán lugar este xoves 8 e venres 9 ás 21.00 horas na praza central da Cidade da Cultura, respectivamente

Publicado o

Xornal de Compostela

Os concertos desta semana do ciclo Atardecer no Gaiásimpulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, “apostan pola fusión de estilos musicais” co folk progresivo da banda catalá Faneka e a cumbia urbana do dúo arxentino-malagueño Cosmic Wacho. As actuacións musicais, con acceso libre e gratuíto, terán lugar este xoves 8 e venres 9 ás 21.00 horas na praza central da Cidade da Cultura, respectivamente.

Segundo explicou a Consellería nun comunicado, a banda Faneka “busca unha simbiose entre o folclore iberoamericano e o rock progresivo para construír paisaxes sonoras cheos de luz e maxia”. Deste xeito, quen acudan este xoves ao ‘Atardecer no Gaiás’ poderán escoitar os temas do seu último disco, ‘Naranjas al mar’. Un traballo no que Inés de Lis, Bruna González, Anika Sobrina e Alán Denis, exploran diferentes sons e cantan “sen complexos” en catalán, inglés, castelán e galego, “reflexo da diversidade das súas orixes e influencias musicais”.

Por outra banda, o venres 9 de agosto será a quenda de Cosmic Wacho, un dúo arxentino-malagueño que xurdiu en pleno confinamento en 2020 e que traerá a Santiago a súa “orixinal proposta de cumbia urbana”. Os seus dous integrantes, Aless Domínguez e Franco Felici, ofrecerán ao público do Gaiás unha mestura de “psicodelia tropical, sintetizadores e letras cargadas de humor”.

Con todo, Atardecer no Gaiás continuará todos os xoves e venres de agosto con seis propostas máis “para gozar da música en directo”. Os galegos Alana, Alarido e Santi Araújo, a madrileños Carrera Blanca e a rapera de orixes manchegas Bewis de la Rosa completan un “cartel diverso no que teñen cabida os estilos que máis soan entre o público novo”, como o electropop ou os ritmos urbanos. Así mesmo, o ciclo encádrase na campaña CulturON da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, unha iniciativa que impulsa “máis de 30 actividades culturais diarias por toda Galicia”.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que...

A itinerancia do Gaiás supera os 55.000 visitantes e estende a súa pegada cultural por Galicia, España e o exterior

O programa de itinerancias expositivas promovido pola Cidade da Cultura continúa a medrar no...

A alcaldesa destaca o impulso da Casa Xohana Torres e o crecemento do asesoramento LGBTIQ+ no Consello Municipal de Igualdade

A reunión do Consello Municipal de Igualdade, presidida este venres pola alcaldesa Goretti Sanmartín,...