InicioCULTURAA USC e a Xunta asinan un novo convenio para impulsar a...

A USC e a Xunta asinan un novo convenio para impulsar a comunidade virtual en galego a través do programa Neofalantes.gal

A iniciativa permite ás persoas neohablantes interactuar nunha comunidade virtual en galego

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia asinaron este mércores o convenio que dará continuidade ao programa ‘Neofalantes.gal’, unha iniciativa que se materializa nunha páxina web que permite ás persoas neohablantes interactuar nunha comunidade virtual en galego.

O reitor da USC, Antonio López Díaz, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, foron os encargados de asinar o acordo. No acto, celebrado no Colexio de San Xerome, tamén estivo presente o responsable do proxecto, Xurxo Salgado Tecido.

‘Neofalantes.gal’ é unha ferramenta que sempre vai na liña de seguir apostando pola nosa lingua e a nosa cultura, e queremos seguir reforzando o noso compromiso con iso”, comentou o reitor.

De acordo coas súas palabras, o conselleiro engadiu que a súa vontade é seguir “mantendo a estratexia en materia de lingua da Xunta” e que a “experiencia extraordinaria” que tivo a páxina avala que volvan apostar por ela.

A continuación do plan ten unha duración de tres anos (2024, 2025 e 2026) e, tal e como indicou o reitor, supón un “investimento de 80.000 euros” para as institucións participantes.

‘NEOFALANTES.GAL’ EN DETALLE

A iniciativa, impulsada polo grupo de investigación Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, comezou a desenvolverse a finais de 2021, inicialmente como un portal de noticias sobre a lingua galega.

Actualmente, e conforme ao establecido no seu plan de desenvolvemento, o proxecto transformouse nunha páxina web na que os usuarios poden consumir información, visualizar a experiencia doutros neohablantes e interaccionar entre si. Do mesmo xeito, tamén adquiriu presenza noutras redes sociais como TikTok.

Entre os seus obxectivos figura pór en contacto a neohablantes de todas as partes do mundo nun mesmo espazo, pero, como mencionou López Díaz na súa intervención, tamén busca “servir de fío de contacto entre empresas e particulares que establezan negocios en galego”.

A renovación de ‘Neofalantes.gal’ permitirá seguir actualizando o espazo web, así como facer da lingua un vehículo de uso económico no mundo lusófono, achegarse á mocidade con novos contidos e seguir abrindo campos de investigación sobre o neohablantismo.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...