InicioCULTURAO Gaiás acumula máis de 2.000 asistentes no seu 'Verán en Familia'...

O Gaiás acumula máis de 2.000 asistentes no seu ‘Verán en Familia’ antes do último espectáculo deste mércores

O ciclo 'Verán en Familia' da Cidade da Cultura chega ao seu fin este mércores, 31 de xullo, co espectáculo 'De Vilatriste a Vilalegre', da Utópica Rodante, unha representación que se enmarca tamén na campaña CulturON da Xunta.

Publicado o

Xornal de Compostela

O ciclo ‘Verán en Familia’ da Cidade da Cultura chega ao seu fin este mércores, 31 de xullo, co espectáculo ‘De Vilatriste a Vilalegre’, da Utópica Rodante, unha representación que se enmarca tamén na campaña CulturON da Xunta.

O espectáculo ‘De Vilatriste a Vilalegre’ é unha proposta escénica que compara a fantasía coa realidade social do rural galego mesturando teatro de rúa, monicreques e humor. A cita terá lugar no Xardín do teatro ás 19:00 horas e a entrada é libre e gratuíta. A Cidade da Cultura convértese así nunha das máis de 100 sedes que acollen este espectáculo con motivo da celebración do 40º aniversario do Centro Dramático Galego.

Esta é, ademais, a cuarta e última das xornadas que completan unha programación estival no Gaiás á que xa asistiron máis de 2.000 persoas ao longo do mes de xullo, e que converteu á Cidade da Cultura nun espazo diversión para todos os públicos con espectáculos de circo, música e teatro de compañías galegas, estatais e internacionais.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...