InicioCULTURA'Pintura escrita. Arte e literatura': un diálogo entre pinceles e palabras en...

‘Pintura escrita. Arte e literatura’: un diálogo entre pinceles e palabras en Santiago

A colección de Abanca mostra 46 obras que se entrelazan coa literatura na Praza de Cervantes ata xaneiro de 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

A exposición ‘Pintura escrita. Arte e literatura’, que inaugurouse este xoves no Centro Obra Social Abanca de Santiago, presenta unha innovadora fusión de arte e literatura mediante 46 obras significativas e fragmentos de textos de destacados escritores. Dispoñible ata o 7 de xaneiro de 2025, a mostra propón un diálogo entre as pinceladas de artistas como André Lhote, Urbano Lugrís e Laxeiro e as palabras de figuras literarias como Rosalía de Castro e Miguel de Cervantes, entre outros.

Diego Cascón, responsable de xestión da colección Abanca, explicou que a exposición busca ofrecer unha experiencia única ao combinar a arte plástica coas voces da literatura clásica e contemporánea. “O enfoque orixinal deste discurso expositivo permitirá aos visitantes descubrir as conexións entre as dúas disciplinas de forma enriquecedora”, afirmou Cascón.

Entre os tesouros expostos atópanse as catro pinturas en cerámica de Ovidio Murguía de Castro, destacado polo seu precoz talento e traxectoria truncada, e manuscritos de obras relevantes como ‘A colmea’, de Camilo José Cela. Tamén se exhiben valiosos libros e documentos que inclúen desde a primeira edición de ‘Galicia’, de Manuel Murguía, ata un exemplar da ‘Metamorfose’, de Ovidio, datado en 1599.

O percorrido da exposición arrinca coa obra ‘O vello’ (1909), de Xesús Rodríguez Corredoyra, e avanza a través de pezas que interactúan con citas literarias coidadosamente seleccionadas para cada obra. A relación visual e textual segue ata a arte contemporánea, destacando a conexión entre o cadro ‘A ponte’, de Jorge Castelo, e ‘A triloxía de Nova York’, de Paul Auster.

Esta proposta non só celebra a riqueza cultural de Galicia e a súa influencia no panorama artístico e literario internacional, senón que tamén resalta o compromiso da institución con iniciativas culturais que realzan o patrimonio artístico e intelectual.

A exposición está aberta ao público de luns a venres, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e festivos de 11:30 a 13:00 horas. As portas pechan os domingos.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...