InicioCULTURAO Gaiás aposta polo lecer compartido entre maiores e pequenos co concerto...

O Gaiás aposta polo lecer compartido entre maiores e pequenos co concerto ‘Viva o pop!’ do ‘Verán en Familia’

'Viva o Pop!' é un concerto a través do que rememorar a música que marcou a adolescencia de pais e nais cos máis pequenos da casa.

Publicado o

Xornal de Compostela

O ciclo de espectáculos do Verán en Familia da Cidade da Cultura chega ao seu ecuador este mércores con ‘Viva o Pop!’, un concerto especial no que pequenos e maiores bailarán ao ritmo dos grandes éxitos dos 80 e 90. Máis de 1.200 persoas asistiron xa ás actuacións musicais e de circo programadas neste ciclo, impulsado pola Xunta de Galicia dentro da campaña de actividades de verán para todos os públicos, ‘CulturON’.

‘Viva o Pop!’ é un concerto a través do que rememorar a música que marcou a adolescencia de pais e nais cos máis pequenos da casa. Unha proposta de lecer da compañía Rock en Familia na que persoas de todas as idades poden vivir a experiencia da música en directo, á vez que descobren a historia das cancións dalgúns dos artistas e grupos máis relevantes da música pop contemporánea. A actuación será na Praza central da Cidade da Cultura ás 19.00 horas con entrada libre e gratuíta. O ‘Verán en Familia’ do Gaiás péchase o mércores 31 de xullo con ‘De Vilatriste a Vilalegre’, unha proposta de teatro de monicreques da Utópica Rodante.

ÚLTIMAS

As asociacións veciñais de Santiago formalizan a súa coordinadora e reclaman cambios na taxa do lixo e no transporte urbano

A Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago celebrou onte mércores unha reunión na Casa...

O BNG reclama un servizo médico permanente no aeroporto da Lavacolla

O BNG instou a garantir un servizo médico público e permanente no aeroporto de...

Proxecto piloto en Santiago para a conciliación durante o curso, especialmente en familias migrantes

O Concello de Santiago pon en marcha un proxecto piloto, chamado Eduteca, para favorecer...

Santiago acolle a quinta edición do SISONS Festival Connect

Do 15 ao 18 de outubro de 2025 celebrarase en Santiago de Compostela a...

Proxecto piloto en Santiago para a conciliación durante o curso, especialmente en familias migrantes

O Concello de Santiago pon en marcha un proxecto piloto, chamado Eduteca, para favorecer...

Santiago acolle a quinta edición do SISONS Festival Connect

Do 15 ao 18 de outubro de 2025 celebrarase en Santiago de Compostela a...

Galicia e Lazio avanzan na cooperación cultural cara ao Xacobeo 2027

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo este xoves en Roma unha...