InicioSANTIAGOO TSXG absolve un home condenado por agresión sexual a unha menor...

O TSXG absolve un home condenado por agresión sexual a unha menor ao apreciar dúbidas no testemuño

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revoga a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña e aplica o principio 'in dubio pro reo' ao considerar que a principal proba de cargo non é suficiente para desvirtuar a presunción de inocencia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso de apelación presentado por un home condenado a nove anos de prisión por un delito continuado de agresión sexual a unha menor na área de Santiago de Compostela e revogou a sentenza condenatoria, absolvendo ao acusado.

A resolución agora anulada fora ditada pola Audiencia Provincial da Coruña, a través da súa sección sexta, con sede na capital compostelá. Nela impúñase ao procesado, ademais da pena de cárcere, medidas de afastamento, un período de liberdade vixiada e o pagamento dunha indemnización de 30.000 euros á vítima. Aquel fallo contou cun voto particular dunha maxistrada que advertía dun erro na valoración da proba incriminatoria.

Na súa sentenza, o TSXG sinala que a principal proba de cargo tida en conta para a condena foi o testemuño da vítima, apoiado polo da súa nai, mentres que o resto das probas practicadas durante o procedemento introducían elementos que cuestionaban esa versión. O alto tribunal recoñece que o relato da menor non responde a un ánimo de vinganza nin de prexuízo cara ao acusado, mais considera que non resulta suficiente para eliminar dúbidas razoables nin para desvirtuar o principio de presunción de inocencia.

A resolución fai referencia expresa ás “contradicións e vaguedades” detectadas no núcleo do testemuño, aspectos que, segundo o tribunal, impiden cumprir cos criterios esixidos pola xurisprudencia para outorgarlle plena credibilidade probatoria. En consecuencia, entende que non se pode sustentar unha condena penal unicamente sobre esa base.

Por todo iso, o TSXG conclúe que procede aplicar o principio ‘in dubio pro reo’, estima o recurso de apelación interposto pola defensa e revoga a sentenza condenatoria, absolvendo definitivamente ao acusado do delito de agresión sexual continuada a menor.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...