MÚSICA
- Atardecer no Gaiás – Concerto de de Ninghures: Do xoves, 4 de xullo, ao venres, 30 de agosto, na Cidade da Cultura celébrase o ciclo ‘Atardecer no Gaiás’. Esta fin de semana, o venres 5 de xullo, ás 21:00 horas, actuará o grupo De Ninghures na Praza Central. De Ninghures ofrecerá un concerto de música folk con influencias tradicionais galegas, de forma gratuíta e aberto para tódolos públicos.
- O Gozo Festival: O sábado, 6 de xullo, no Monte do Gozo terá lugar unha serie de concertos no marco do Gozo Festival. Destacan a actuación Ed Sheeran, por primeira vez en Galicia, Milky Chance, Bomba Estéreo, Mon Laferte, Fillas de Cassandra e Angelina Mango. As portas abriranse ás 17:00 horas, e o concerto máis esperado, o de Ed Sheeran, será ás 22:30 horas, mentres que Bomba Estéreo pechará a xornada a partir das 00:45 horas. As entradas están dispoñibles en Ticketmaster.es con prezos que van desde 95€ en adiante, dependendo da modalidade.
FESTAS E EVENTOS
- San Antonio de Angrois: Do venres 5 ao domingo 7 de xullo, celebraranse as festas en honra a San Antonio no barrio de Angrois. O venres, ás 20:00 horas, haberá unha mexillonada coa charanga NBA. Xa o sábado, a sesión vermú comezará ás 14:00 horas co grupo M-3 Show e ás 22:30 horas, o trío Bahía e M-3 Show amenizarán a verbena. O domingo, os actos comezarán ás 10:00 horas con pasacarúas e misa ás 12:30 horas. As actividades infantís comezarán ás 17:00 horas, finalizando coas charangas BB e Os Atrevidos ás 19:30 horas.
- Comida Popular de Bando: O domingo 7 de xullo, a partir das 14:00 horas, terá lugar a Comida Popular de Bando no Campo da Festa. Este evento inclúe unha comida campestre para todos os veciños e visitantes, con animación musical a cargo de El Gran Mariano.
- San Caralampio de Pelamios: O sábado, 6 de xullo, o barrio de Pelamios celebrará as festas en honra a San Caralampio. Ás 12:00 horas haberá unha misa solemne.
TEATRO, CINE E DANZA
- Manu Chacón – No Disparen al Cómico: O sábado 6 de xullo ás 21:00 na Sala Riquela, Manu Chacón presentará o seu espectáculo de monólogos ‘No Disparen al Cómico’. Chacón, coñecido polo seu humor irónico e observacional, abordará temas cotiáns con gran dose de sarcasmo e crítica social. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com a un prezo de 12€ para tódolos públicos.
EXPOSICIÓNS
- Homenaxe a Gustav Henningsen: o Museo do Pobo Galego acolle unha exposición en homenaxe a Gustav Henningsen que presenta unha selección de fotografías e gravacións que documentan a vida cotiá en Galicia entre 1965 e 1998. A exposición estará aberta de martes a sábado de 11:00 a 18:00 horas, e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é gratuíta e aberta a todos os públicos.
- Verán Criminal: Do 6 ao 9 de xullo, terá lugar o ciclo de cinema ‘Verán Criminal’ na Fundación SGAE. Este evento proxectará unha serie de filmes de suspense e misterio, con sesións diarias ás 19:00 e ás 21:00 horas. As entradas están dispoñibles na billeteira da Fundación SGAE a un prezo de 5€ por sesión. O ciclo está dirixido a un público adulto debido á temática das películas.
INFANTIL
- Atlántica Miúda: Do 1 ao 7 de xullo celébrase o festival internacional de narración oral Atlántica Miúda. Este evento contará con máis de 90 espectáculos de narradores de Galicia, Portugal e outros lugares, en distintos espazos públicos como xardíns, parques, centros de ensino, teatros e museos. Participarán máis de 30 artistas, entre eles Quico Cadaval, Celso F. Sanmartín, Cris de Caldas e Amor Herrera. O festival inclúe tamén obradoiros, rutas guiadas e andainas. Máis información dispoñible en festivalatlantica.gal
DEPORTE E MOVEMENTO
- CorreSan Nocturna Cidade Vella: O sábado 6 de xullo ás 22:30, celebrarase a CorreSan Nocturna Cidade Vella con saída e chegada na Praza do Obradoiro. Esta carreira nocturna, organizada pola Federación Galega de Atletismo e patrocinada polo Concello de Santiago de Compostela, busca concienciar sobre os beneficios da actividade física regular. A participación é libre e aberta a todos os públicos.