InicioCULTURAO Camiño de Santiago mantense como o "principal Itinerario Cultural Europeo"

O Camiño de Santiago mantense como o “principal Itinerario Cultural Europeo”

Actualmente, o número de Compostelas entregadas supera as 20.000, o que supón un "crecemento dun 16%".

Publicado o

Xornal de Compostela

O Camiño de Santiago renovou a súa certificación como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, unha denominación que outorga a Federación Europea do Camiño de Santiago e que este defende desde hai “máis de 30 anos”. Esta federación, organismo que integra a administracións públicas de 10 países, foi a encargada de comunicar á Xunta a renovación desta distinción.

Un recoñecemento que revalidaron despois dun “rigoroso proceso” de avaliación e que “pon en valor” a cooperación en materia de investigación e desenvolvemento, o intercambio de coñecementos en diferentes disciplinas e a promoción dos “valores europeos” de convivencia. Ademais, dentro dos criterios que se tiveron en conta no proceso de avaliación está “fomentar” o turismo local, o desarollo sustentable e o “respecto” ás identidades locais e rexionais.

Desde o Instituto Europeo de Itinerarios Culturais subliñaron o papel que se levou a cabo para pór en valor a historia e patrimonio cultural de Europa a través do Camiño de Santiago. Tamén felicitaron á Xunta pola súa “participación activa” para “manter” os criterios establecidos polo Consello de Europa. A primeira vez que o Consello de Europa recoñeceu o Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural foi no ano 1987 e desde entón, o fenómeno da peregrinación ha ido evolucionando ano tras ano.

Actualmente, o número de Compostelas entregadas supera as 20.000, o que supón un “crecemento dun 16%” con respecto ao ano anterior, unha subida que tamén experimentou a “internacionalización” do Camiño, xa que “o 65% dos peregrinos son estranxeiros”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...