InicioCULTURAA Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música a...

A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música a persoas con discapacidade auditiva

No concerto de Budiño, programado para este venres

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia ofrecerá no concerto de Budiño, programado para o Día da Música, mochilas vibratorias equipadas con tecnoloxía para mellorar a experiencia musical de persoas con discapacidade auditiva ou con perda auditiva.

Tal como explicou a Xunta, a medida enmárcase naquelas impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para conseguir os obxectivos da futura Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia. Será este venres, día 21 de xuño, cando O Gaiás disporá na súa praza central dun punto de accesibilidade, onde os interesados poderán probar esta tecnoloxía.

As mochilas están equipadas cunha receptor FM que permite ás persoas sentir no seu corpo as vibracións da música, facilitando que gocen dunha mellor experiencia musical. Tamén permiten mellorar a calidade de escoita de persoas con audífonos ou implantes a través dun colar conectado á mochila.

“O uso destas mochilas súmase a outro tipo de iniciativas coas que a Cidade da Cultura está a traballar para mellorar a súa accesibilidade, moitas delas en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia”, reivindicou o Goberno galego.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...