InicioCULTURAUnha segunda xornada marcada pola emoción con La Oreja de Van Gogh...

Unha segunda xornada marcada pola emoción con La Oreja de Van Gogh e a expectación por Myke Towers

Múltiples estilos musicais se deron cita para o disfrute do público

Publicado o

Por Amanda Ferpe

Comezaba o derradeiro venres do mes de maio coa segunda cita do festival O Son do Camiño, no monte do Gozo. Saían os buses lanzadeira desde diferentes puntos da cidade para chegar ata o recinto, que agardaba por outra gran e variada multitude, como na pasada xornada. O calor xa se facía notar aínda que non faltaba a circulación do nordés, que facía ondear máis dun peiteado e precisar máis dunha capa de roupa. Algúns foron máis previsores ca outros. O peor chegaría coa marcha do sol.

O punto característico deste festival, como cada ano, é que na variedade está o gusto, diferentes estilos musicais, perfís para que todo o mundo quede contento ou poida saír coñecendo novas propostas. Para abrir apetito dos asistentes ansiados de boa música, a triunfita Marilia Monzón abriu o cartaz no escenario Xacobeo. A continuación, o toque galego dos autores de temas como “Veranito en Jalisia” ou “Candela”, Monoulious DOP. Pasando ao panorama musical español, seguiron mantendo os ritmos nas masas o rap de Recycled J e as mesturas sonoras propias de Judeline.

LA OREJA DE VAN GOGH: DOS MP3, CASETES, WALKMAN AO MONTE DO GOZO

Chegaba o momento máis agardado por moitas e moitos, para aqueles que medraron con esta banda sonora e aos que lles chegou máis tarde. Unha banda que traspasa xeracións tras xeracións e non pasa de moda, era a quenda de La Oreja de Van Gogh. Cancións como “20 de enero”, “Pop” ou “Puedes contar conmigo”, que nalgún momento se escoitaron nun Mp3, casete ou walkman, foron cantadas ao unísono, pero foi no tema “Rosas” onde máis se fixo notar a emoción. Leire Martínez parou de cantar por un intre para escoitar ao público entregado, con bágoas, con apertas, dedicatorias e sorrisos. Non faltaron tampouco os brillos, o brinde coas amigas e amigos e os móbiles para inmortalizar o momento.

Co remate da súa vibrante actuación, no escenario Estrella Galicia, agardaba a mítica Love of Lesbian para os amantes do indie rock e indie pop. Paralelamente, desde as 19,00h, a música electrónica contou con varios expoñentes ata finalizar a xornada. O nivel non baixaba nin moito menos, pero o sol seguía o seu curso natural. Algúns dos presentes expresaba o nerviosismo e as ganas por ver ao cantante e compositor portoriqueño, Myke Towers, autor de moitas das cancións que máis soan no panorama internacional do momento.

CAMISETAS DE FÚTBOL E LEOPARDO AO SON DE LALA

Myke Towers estaba preparado, marcaba o reloxo que pasaban das 21,00 horas, e xa estaba repleto o escenario Xacobeo. Todo listo para gozar do outro prato forte desta xornada, era o momento de escoitar os temas que acumulan máis bailes en Tik Tok, así como reproduccións nas plataformas musicais. Só en Spotify conta con 43,5 millóns de ouvintes mensuais e onte puxo a bailar e cantar ao Monte do Gozo ao ritmo de temas como “LALA”, “La falda”, “La Curiosidad”, “Diosa” o “La playa del Inglés”. Un cantante que pode presumir de ter grandes colaboracións sinónimo de éxito e que seguro fixo moi feliz a un neno que tivo a oportunidade de cantar con el.

E se nunha entrega falabamos das tendencias á hora de escoller estilismo, durante este concerto había un estilo ben definido. Elas apostaron polo leopardo, o metalizado, as transparencias ou moita cor, mentres que eles tiraron polas camisetas de diferentes equipos de fútbol, desde o Dépor ou Celta, pasando polo Inter de Milán, Fenerbahce turco ou un conxunto mexicano. Había onde escoller, iso seguro. Coa chegada do final de Myke a iso das 22,00 horas, xa o olor a comida abría o apetito. Unha proposta variada de foodtrucks fixeron as delicias dos asistentes, desde bocadillos, pizza a hamburguesas, non pasou fame ninguén.

A música non daba pausa e Pet Show Boys xa soaba no escenario Estrella Galicia, que tamén tivo o seu público entregado, como non podería ser doutra maneira. O vento xa se facía notar aínda con máis ganas e a opción de estar entre a multitude pasaba a ser cada vez máis apetecible. Moita xente se deu cita para ver a Natos y Waor, expoñentes do rap español, que non estiveron sós. Recibiron ao mencionado Recycled J, co que conforman Hijos de la Ruina, xerando un berro unísono que se fixo sentir. Viviuse con total entrega e paixón. Xa o final estaba preto e Icona Pop puxo son aos últimos compases.

O BROCHE DE OURO DESTA EDICIÓN

Durante este sábado haberá un cartaz de luxo e, de novo, con variados estilos. Mención especial a un representante de Galicia para o mundo, Baiuca, que seguro fará saltar a todo o Monte do Gozo. A continuación, chega unhas das cantantes españolas máis soadas da actualidade, que non é outra que Ana Mena, con temas como “Las 12” ou “Madrid City”. Xa de ámbito internacional, Tom Odell emocionará co seu “Another Love” e Thirty Seconds To Mars, non deixará a ninguén indiferente. Iso si, para os máis nostálxicos e románticos, Melendi virá cargado deses temas que marcaron tamén xeracións e xeracións. Porén, parte do público, se cadra, botará de vez en cando unha ollada ao marcador da final da Champions League, que se disputa esta noite. Volve o rap para pechar con Rels B e a electrónica con Wade. E, ata o ano que vén!

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here