InicioCULTURAGoberno municipal e oposición achegan posturas para celebrar a Alba de Compostela...

Goberno municipal e oposición achegan posturas para celebrar a Alba de Compostela o 25 de xullo

A alcaldesa de Santiago incide en que aínda "non hai nada pechado".

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno municipal de Santiago e a oposición achegaron posturas para celebrar o acto da Alba de Compostela o día 25 de xullo, aínda que “non hai nada pechado”. “De maneira informal, sen chegar a un acordo claro a idea é que habería consenso de que o acto se celebrase o 25 de xullo”, apuntou este venres a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, nunha rolda de prensa posterior á reunión do consello asesor de honras e condecoracións.

Nesa xunta avanzaron na modificación do regulamento de títulos, honras e condecoracións para introducir o acto da Alba de Compostela e o de Mulleres de Compostela do 8 de marzo. Tras a reunión deste venres, ábrese un prazo para que os diferentes grupos políticos fagan algunha proposta ou suxestión de cambio e a previsión é levalo ao pleno de xuño.

REUNIÓN DA COMISIÓN DA XESTIÓN DA AUGA

Noutra orde de asuntos, Sanmartín explicou que a comisión para estudar un cambio na xestión da rede de abastecemento da auga en Santiago reunirase o próximo 10 de xuño. Desta forma, apuntou que o acordo do pleno, deste xoves, foi un “avance moi importante” para poder dar unha “solución” sobre a xestión do ciclo integral da auga.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...