InicioCULTURAA USC capta 1,58 millóns de euros dos 45 totais en axudas...

A USC capta 1,58 millóns de euros dos 45 totais en axudas ás ‘Cátedras Chip’

Trátase dun programa de axudas destinado a formar a 1.000 profesionais en microelectrónica e semiconductores.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Goberno adxudicou 45 millóns de euros a 17 iniciativas distintas no marco das ‘Cátedras Chip’, un programa de axudas destinado a formar a 1.000 profesionais en microelectrónica e semiconductores no que Universidade de Vigo e a de Santiago de Compostela conseguiron máis de 6,3 millóns de euros, un 14% do total dos fondos.

En concreto, a UVigo obtivo 4,73 millóns de euros para un proxecto que ten por obxectivo o acceso aberto a ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración-NEXTCHIP, mentres que a USC disporá de 1,58 millóns para a Cátedra Televés en Deseño Microelectrónico.

Pola súa banda, dous centros valencianos obtiveron case o 30 % dos fondos dispoñibles. Así, a Universidade Politécnica adxudicouse dous proxectos, un de 4,24 millóns de euros e outro de 3,84 millóns de euros, mentres que a Universidade de Valencia captou 5,07 millóns de euros, segundo os datos da resolución definitiva da convocatoria.

Así mesmo, dúas universidades madrileñas (a Carlos III e a Politécnica) adxudicáronse 8,32 millóns de euros, o que representa o 18,19 % do total dos fondos. En concreto, a Carlos III conseguiu axudas para dous proxectos, un subvencionado con 3,06 millóns de euros e o outro con 1,05 millóns de euros, mentres que a Politécnica conseguiu 4,2 millóns de euros para unha iniciativa. Non entanto, o proxecto particular que máis fondos recibiu das ‘Cátedras Chip’ foi o da Universidade de Málaga, que conseguiu 5,5 millóns de euros.

Outras entidades académicas adxudicatarias destas axudas foron a Universidade de Sevilla (4,2 millóns de euros), a Politécnica de Cataluña (3,76 millóns de euros), a de Granada (1,21 millóns de euros), a de Castela-A Mancha (1,11 millóns de euros), a de Cantabria (387.150 euros) e a de Navarra (192.953 euros).

Estas cátedras universidade-empresa enmárcanse no Proxecto Estratéxico de Microelectrónica e Semiconductores (Perte Chip) e teñen como obxectivo promover “talento altamente cualificado”, destacou o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública nun comunicado. Nese sentido, nas 17 iniciativas que recibirán estas axudas participan 80 empresas de forma individual ou consorciada.

“A través desta colaboración a mobilización público-privada alcanzará os 54,5 millóns de euros de investimento para reforzar e impulsar a formación no ámbito da microelectrónica e os semiconductores. O programa está financiado cos fondos Next Generation EU e terá unha duración mínima de catro anos para formar a 1.000 novos perfís altamente cualificados, aliñados coa demanda do sector“, detallou a carteira que dirigie José Luís Escrivá.

Neste contexto, a secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, María González Veracruz, considerou esta resolución como “un fito na estratexia do Goberno” para xerar talento e consolidar este sector industrial “tan relevante”. “Con estas ‘Cátedras Chip’ estamos a xerar ademais igualdade de oportunidades, porque no estudo destas cátedras poranse a disposición créditos gratuítos de formación para que poida afrontar esta formación calquera persoa con talento con independencia da súa capacidade económica”, engadiu González Veracruz.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here