InicioCULTURAXosé Merelles destaca o impacto turístico do festival O Son do Camiño

Xosé Merelles destaca o impacto turístico do festival O Son do Camiño

O conselleiro de Turismo destacou o apoio constante da Xunta de Galicia á industria musical e aos grandes festivais

Publicado o

Xornal de Compostela

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival O Son do Camiño xunto aos representantes das empresas promotoras, Kin Martínez e Iván Méndez, e Ramón de Meer, marketing manager de Estrella Galicia. Alí, destacou o apoio constante da Xunta de Galicia á industria musical e aos grandes festivais polo seu crecente impacto turístico.

Xosé Merelles resaltou a “alianza estratéxica” existente en Galicia entre o sector musical e o turismo, exemplificada no Son do Camiño, un “pioneiro festival” que, como recordou, a Xunta de Galicia apoia desde os seus inicios e que xa está consolidado. “Forma parte da nosa aposta por contar cunha oferta capaz de demostrar a capacidade económica do turismo”, subliñou. Neste sentido, destacou o papel do festival para que “Galicia se estea consolidando como sede de grandes espectáculos”, repercutindo directamente en hoteis, restaurantes, transporte e diversos servizos.

O director de Turismo de Galicia referiuse ao crecemento do impacto turístico da industria musical na Comunidade, citando os resultados dun estudo recente impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais e a USC co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través de Agadic, que cifra o impacto global en máis de 227 millóns de euros e 3.250 empregos.

IMPACTO NO SECTOR

“Mención especial merece o efecto tractor que festivais como este e outros que se foron sucedendo nos últimos anos en Galicia teñen sobre o turismo. A asistencia a estes eventos impulsa unha demanda relevante en distintos servizos de aloxamento e transporte… un consumo adicional que xera un incremento da produción de máis de 60 millóns de euros, segundo indica o informe”, engadiu. Merelles subliñou a aposta da Xunta por seguir apoiando os festivais e espectáculos musicais, así como a boa resposta do público. Lembrou que os concertos e festivais apoiados pola Xunta contaron con case 2 millóns de participantes nos últimos dous anos, e este ano destínanse máis de 8 millóns de euros ás grandes citas.

O director valorou a calidade nacional e internacional dos artistas da edición deste ano que, unha vez máis, “permitirán a difusión da imaxe de Galicia a través do Camiño de Santiago” e o interese que suscitan é claro. Como recordou, un ano máis esgotáronse os abonos en só unhas horas. Entre os artistas destacan Green Day, Pet Shop Boys, Thirty Seconds to Mars, Tom Odell, J Balvin, Arde Bogotá, Fernadocosta, The Interrupters, Mattn, Hot Milk, Berto, Ana Mena, Carlos Ares, entre outros, cuxos nomes se poden consultar en www.osondocamino.es.

ÚLTIMAS

Santiago asfalta preto de 10.000 metros cadrados de vías urbanas e rurais nas últimas semanas

O Concello de Santiago levou a cabo nas últimas semanas diversas actuacións de mellora...

A Xunta apraza ata o xoves o desvío do tráfico para a montaxe da pasarela da senda Milladoiro-Intermodal

A Consellería de Infraestruturas anunciou un cambio na planificación das obras da nova senda...

Compostela move ficha cos orzamentos de 2026: máis de 148 millóns a debate na Comisión de Facenda o día 17

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que o goberno municipal convocará o vindeiro...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

Fotowalk Galicia organiza en Santiago un obradoiro de fotografía de rúa centrado na narrativa visual

A comunidade fotográfica Fotowalk Galicia celebrará en Santiago de Compostela un novo obradoiro formativo...

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico abre en Santiago a súa XXI edición con cinema, creación e reflexión arredor do real

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego (MICE) inaugura este martes...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here