InicioCULTURAA Xunta autoriza a Santiago o cambio no plan da cidade histórica...

A Xunta autoriza a Santiago o cambio no plan da cidade histórica para a protección do mural de Lugrís

Esta obra atópase nun local de hostalaría, actualmente da cadea 100 Montaditos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta autorizou a modificación do plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela para incorporar no seu catálogo, como elemento específico, o mural pintado en 1954 polo artista Urbano Lugrís (1908-1973).

Este mural está nun local de hostalaría, actualmente da cadea 100 Montaditos, situado na Rúa do Franco, número 56. A comezos de ano, a xunta de goberno local de Santiago aprobou a modificación puntual do catálogo do plan especial, á que agora dá luz verde a Consellería de Cultura –encargada dos informes competentes en materia de patrimonio cultural–.

Lugrís realizou este mural para o entón Bar América e foi o último dos que o artista pintou en Santiago que aínda se conserva no lugar para o que fora pensado. De todos os murais dun dos artistas galegos máis destacados do século XX que existían na capital galega perdéronse o do Hotel Compostela e o do bar Lugo, mentres que foron separados da parede os da Clínica Álvarez, que actualmente se atopan esparexidos en coleccións públicas e privadas.

O Catálogo de protección do PE-1 identifica os inmobles que son obxecto de preservación cunha ficha de catalogación para cada edificio, na que se identifican os elementos catalogados, que no caso do edificio que acolle o mural tiña asignado o nivel 4 (interese ambiental) pero non figuraba ningún elemento interior.

ÚLTIMAS

A Xunta solicita un plan de continxencia para evitar que se produzan máis verteduras ao río Sar

A Xunta, a través do organismo hidráulico Augas de Galicia, reclamou este luns aos responsables...

Verea salienta o investimento de 82 millóns na nova Fábrica Europea de IA e o reforzo da capitalidade de Santiago

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cualificou hoxe como “unha das...

Traballadores de Ryanair protestan en Lavacolla contra o ERE: “Co noso traballo non se xoga”

Decenas de persoas participaron nunha protesta este luns, no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro,...

Raxoi insiste en que os orzamentos da capitalidade son “absolutamente insuficientes”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, considerou "absolutamente insuficientes" o tres millóns de euros do...

Santiago acollerá en novembro ‘Píxel á Feira’, o primeiro salón galego dedicado en exclusiva ao videoxogo

O Palacio de Congresos de Santiago de Compostela converterase os días 8 e 9...

O Festival Amal regresa a Santiago coa súa XXIII edición baixo o lema ‘Todas somos Palestina’

Santiago de Compostela convértese esta semana no epicentro do cinema euroárabe coa celebración da...

De Ninghures: “A música en galego é un puzle no que encaixan pezas de distinta cor”

A banda De Ninghures actúa hoxe ás 22:25 na Sala Capitol, no marco do...