InicioCULTURAO Museo do Pobo Galego reúne en Santiago a unha trintena de...

O Museo do Pobo Galego reúne en Santiago a unha trintena de asocacións

O encontro, que celebra o centenario do Seminario de Estudos Galegos, busca compartir experiencias e fortalecer o asociacionismo

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha trintena de asociacións culturais galegas daranse cita o vindeiro sábado, 1 de xuño, no Museo do Pobo Galego para realizar un encontro de traballo colectivo.

O director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar detallou que este encontro busca que as diferentes asociacións “coñézanse e compartan experiencias”.

A cita, baixo o título ‘O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG’, servirá de colofón ao programa de actos con motivo dos 100 anos de creación do Seminario de Estudos Galegos.

Con ela, o Museo, unha das institucións herdeiras daquela entidade, pretende remarcar o traballo das asociacións que, de maneiras diversas desde diferentes puntos, continúan o labor iniciado polo SEG.

No encontro participarán preto de 30 asociacións das catro provincias galegas que traballan en investigación e divulgación de diferentes ámbitos do patrimonio galego, como son: científico, cultural, histórico, territorio e patrimonio inmaterial, entre outros.

Esta xornada será de intercambio e reflexión colectiva, para profundar nas posibles solucións aos desafíos que xorden na xestión dos proxectos, para analizar e fomentar as relacións entre o tecido asociativo, veciñanza e patrimonio e para celebrar conxuntamente o traballo que realizan desde o tecido asociativo.

Así mesmo, a cita busca abrir vías de intervención e de participación directa da sociedade nun Museo do Pobo Galego que é froito do traballo asociativo.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...