InicioCULTURAA Facultade de Filoloxía organiza un concurso para deseñar o logotipo do...

A Facultade de Filoloxía organiza un concurso para deseñar o logotipo do seu 50 aniversario

O certame, aberto a toda a comunidade universitaria, ofrece premios de ata 500 euros para as mellores propostas

Publicado o

Xornal de Compostela

Entre as numerosas accións que a Facultade de Filoloxía está a organizar para conmemorar o vindeiro ano 2025 o seu 50 aniversario, figura un concurso para atopar unha imaxe en forma de logotipo que represente todas as actividades desa celebración.

A presentación de propostas deberá realizarse entre o 28 de maio e o 28 de xuño e poderá participar calquera membro ou ex membro da comunidade universitaria da Facultade de Filoloxía. O resultado do concurso -con premios de 500, 200 e 100 euros para o primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente- coñecerase o día 17 de xullo.

CHARLAS DE DECANAS

Durante o presente curso académico, Filoloxía está a desenvolver diversas actividades para preparar a conmemoración do próximo curso. Recentemente, o decano Elias J. Feijó Torres reuniu no centro ás persoas antecesoras no seu cargo para traballar nese programa, entre o que xa está pechada unha serie de conferencias mensuais de cada un dos ex decanos e ex decanas, entre outubro e maio próximos, que servirán para nutrir a memoria e a reflexión sobre estes cincuenta anos.

ÚLTIMAS

O Concello executará obras no CEIP Quiroga Palacios e destina 300.000 euros ao mantemento dos centros escolares

A concelleira de Educación de Santiago, Míriam Louzao, presidiu este xoves unha nova sesión...

O Obradoiro acolle un acto en memoria das 66.519 persoas refuxiadas falecidas nos últimos tres anos

A Praza do Obradoiro foi escenario este xoves da conmemoración do Día Mundial das...

A cidade histórica perde comercio de barrio mentres medra o negocio turístico: os datos que explican a nova regulación en Santiago

A nova normativa urbanística aprobada inicialmente polo Concello de Santiago chega nun momento crítico...

Crearanse máis de 200 novas vivendas de promoción pública en Ames

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este venres...

Boyanka Kostova, Lua de Santana e 9Louro actúan este sábado en Santiago no Festival Acento

O Festival Acento volve este sábado 21 de xuño á terraza da sede da...

Santiago impulsa o programa ‘Compostela Convive’ para fomentar a convivencia intercultural

O Concello de Santiago presentou este martes unha nova edición do programa 'Compostela Convive',...

Xa están á venda as entradas para o WOX Festival no mes de setembro

O evento WOS Festival x SON Estrella Galicia de cultura contemporánea celebrará a súa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here