InicioCULTURA‘De Lugares e Órganos’ regresa a Santiago cunha programación que combina música,...

‘De Lugares e Órganos’ regresa a Santiago cunha programación que combina música, cinema e patrimonio entre o 28 de marzo e o 5 de abril

O ciclo, que acada a súa undécima edición, incorpora a Banda Municipal e amplía as actividades arredor dos órganos históricos da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou unha nova edición do ciclo ‘De Lugares e Órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela’, que se desenvolverá entre o 28 de marzo e o 5 de abril con concertos, proxeccións, encontros e itinerarios pola cidade. No acto participaron tamén a directora artística do programa, Belén Bermejo, e o director da Banda Municipal de Música, David Fiuza.

Durante a presentación, Louzao destacou que o ciclo constitúe “unha proposta cultural que nace co desexo de poñer en valor un dos patrimonios máis singulares, máis relevantes e ao mesmo tempo aínda máis descoñecidos de Compostela: os seus órganos históricos”. A concelleira subliñou que a iniciativa vai máis alá dun programa musical e busca activar o patrimonio e facelo accesible á cidadanía.

A responsable municipal tamén puxo o foco na incorporación da Banda Municipal de Música ao cartel desta edición, sinalando que esta colaboración “reforza a idea de que os distintos programas culturais da cidade non funcionan de forma individual, senón que colaboran entre si”.

Pola súa banda, Belén Bermejo lembrou que o festival cumpre máis dunha década cun obxectivo claro: achegar á cidadanía o patrimonio musical ligado aos órganos históricos de Santiago. Segundo indicou, este legado, tradicionalmente vinculado ao ámbito relixioso, foi adquirindo co paso dos anos unha dimensión máis ampla como “patrimonio común, querido e sentido”.

A directora artística explicou que a programación deste ano inclúe cinco concertos en diferentes espazos da cidade, entre eles San Domingos de Bonaval, San Paio de Antealtares, San Miguel dos Agros, a Igrexa da Universidade e o Convento do Carme.

O ciclo abrirase o 28 de marzo cun concerto da Banda Municipal en Bonaval, nun espazo sen órgano na actualidade pero no que este instrumento “estará moi presente desde o punto de vista simbólico”, segundo explicou Bermejo.

Entre as propostas destacan tamén actuacións como a do músico galego Elliot Xaquín Dios, en San Paio, ou a participación do ensamble Cantilo en San Miguel dos Agros. Ademais, o programa inclúe a reestrea dunha obra do compositor galego Javier María López na Igrexa da Universidade, nun concerto que incorporará a participación do público.

DIÁLOGO ENTRE MÚSICA, CINEMA E CIDADE

Xunto aos concertos, o ciclo amplía a súa oferta con actividades complementarias, entre as que figuran unha proxección na sala Númax da película Ordet, un coloquio con especialistas e un itinerario urbano centrado nos órganos situados fóra do antigo perímetro amurallado de Compostela.

Bermejo destacou tamén a organización de encontros con artistas e especialistas, así como cambios na programación, como o traslado dunha conversa co arpista Manuel Vilas ao martes ás 19:00 no espazo BideBide.

A BANDA MUNICIPAL EXPLORA AS CONEXIÓNS CO ÓRGANO

O director da Banda Municipal, David Fiuza, explicou que a formación participará cun programa que explora as relacións entre banda e órgano, dous formatos que, segundo indicou, comparten características sonoras. “Ao final son dous instrumentos de vento con rexistros tímbricos diferenciados”, sinalou.

O repertorio incluirá obras de Johann Sebastian Bach, pezas de carácter sinfónico e composicións vinculadas ao universo do órgano, nun programa que busca ofrecer “unha visión das posibilidades de achegamento entre ambos instrumentos”.

ACCESO E PARTICIPACIÓN DO PÚBLICO

Todas as actividades do ciclo serán de balde, agás a proxección en Númax, e requirirán retirada previa de convites a partir do martes 24 ás 11:00 na Zona C.

Louzao convidou á cidadanía a participar nesta nova edición e destacou a resposta do público nas convocatorias anteriores: “Non se trata só de conservar os órganos, senón de facelos soar e devolvelos á experiencia colectiva”.

ÚLTIMAS

O PSOE anuncia que non apoiará os orzamentos de Santiago e condiciona o seu voto á incorporación de medidas

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago confirmou que non votará a favor...

O Son do Camiño incorpora a DJ Snake nunha edición cos abonos xa esgotados

O festival O Son do Camiño volverá situar a Santiago de Compostela no circuíto musical...

O Club de Patinaxe Artística Brión acada o subcampionato galego e clasifícase para o estatal por quinto ano consecutivo

O Club de Patinaxe Artística Brión vén de consolidar a súa presenza no panorama...

UCIN Galicia denuncia o abandono do Castelo da Rocha Forte e doutros BIC na comunidade

A coordinadora de UCIN Galicia denunciou o estado de conservación de diversos Bens de...

O Son do Camiño incorpora a DJ Snake nunha edición cos abonos xa esgotados

O festival O Son do Camiño volverá situar a Santiago de Compostela no circuíto musical...

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here