InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUCIN Galicia denuncia o abandono do Castelo da Rocha Forte e doutros...

UCIN Galicia denuncia o abandono do Castelo da Rocha Forte e doutros BIC na comunidade

A formación reclama un plan autonómico de conservación e alerta da falta de mantemento tras as intervencións públicas

Publicado o

Xornal de Compostela

A coordinadora de UCIN Galicia denunciou o estado de conservación de diversos Bens de Interese Cultural (BIC) na comunidade, entre eles o Castelo da Rocha Forte, situado en Santiago de Compostela, ao que sinala como exemplo da falta de mantemento continuado destes espazos tras as actuacións de recuperación.

O coordinador da formación, José Luis Calo, criticou que, unha vez realizados investimentos públicos en escavacións e posta en valor, “resulta incoprensible que se destinen fondos públicos a la recuperación de enclaves históricos para después dejarlos prácticamente abandonados, sin un plan real de mantenimiento, vigilancia o puesta en valor”.

Segundo UCIN, esta situación está a provocar un deterioro progresivo das estruturas arqueolóxicas e do seu contorno, o que consideran un problema tanto desde o punto de vista patrimonial como do aproveitamento social destes espazos.

O Castelo da Rocha Forte, unha fortaleza medieval de relevancia na historia galega e destruída durante a revolta irmandiña no século XV, foi obxecto de diversas campañas arqueolóxicas nas últimas décadas. Porén, a formación asegura que os restos descubertos non contan cunha conservación continuada nin co coidado propio dun BIC.

Neste contexto, UCIN sostén que a falta de mantemento supón tamén unha perda de oportunidades no ámbito cultural, educativo e turístico, ao non se desenvolver plenamente o potencial destes enclaves.

A organización anunciou o inicio dunha campaña de denuncia e sensibilización en toda Galicia, coa que pretende trasladar ás administracións públicas a necesidade de adoptar medidas concretas para a protección do patrimonio. “Galicia posee uno de los patrimonios históricos más ricos de Europa y no podemos permitir que espacios únicos acaben deteriorándose por falta de mantenimiento o gestión”, afirmou Calo.

Entre as propostas, UCIN reclama a posta en marcha dun plan autonómico de conservación permanente para os BIC, que inclúa tarefas periódicas de mantemento, melloras na sinalización, accións de difusión cultural e mecanismos de protección efectivos.

ÚLTIMAS

A Xunta dá luz verde ao proxecto de Mallou en Santiago con máis de 3.600 vivendas

O Consello da Xunta aprobou inicialmente o proxecto de interese autonómico (PIA) para desenvolver...

O Concello remite á Xunta a decisión sobre as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos

O Concello de Santiago asegurou que non ten competencias directas para actuar sobre a...

O Goberno local defende a súa política de vivenda fronte ás críticas do Partido Popular

A concelleira Míriam Louzao respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación da...

A Xunta de Goberno Local aproba novas actuacións urbanísticas e investimentos en equipamentos municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns un conxunto...

O Concello remite á Xunta a decisión sobre as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos

O Concello de Santiago asegurou que non ten competencias directas para actuar sobre a...

Veciñanza e especialistas critican a intervención nas gárgolas do Hostal e o Concello defende a súa legalidade

O remate das obras de rehabilitación na fachada do Hostal dos Reis Católicos en...

O Concello de Santiago defende a súa actuación no muro de Bonaval e confirma o inicio inmediato dos estudos técnicos

O Concello de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre a falta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here