InicioCULTURAO Ateneo de Santiago organiza un faladoiro sobre a Real Filharmonía de...

O Ateneo de Santiago organiza un faladoiro sobre a Real Filharmonía de Galicia con Baldur Brönnimann e José Antonio Domínguez

A sesión celebrarase o xoves ás 19:30 no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo e poderá seguirse tamén en directo por Radio Ateneo Podcast

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago acollerá este xoves, 26 de febreiro, un novo encontro aberto ao público centrado na realidade musical da cidade. A cita terá lugar ás 19:30 no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, baixo o título ‘A Real Filharmonía de Galicia’.

O faladoiro contará coa intervención de Baldur Brönnimann, director da Real Filharmonía de Galicia, e de José Antonio Domínguez Varela, responsable da xestión do Consorcio de Santiago. Ademais da asistencia presencial, o acto poderá seguirse en directo a través de Radio Ateneo Podcast.

A sesión está concibida como un espazo de diálogo arredor da traxectoria, a situación actual e os desafíos de futuro da formación musical con sede en Compostela. Durante a conversa analizarase o papel da orquestra na programación cultural da capital galega, así como a súa contribución á dinamización artística da cidade e a súa proxección máis alá do ámbito local.

Entre os aspectos que se abordarán figuran tamén as relacións da Filharmonía co tecido social e institucional compostelán e a presenza da música clásica na oferta cultural estable. O encontro permitirá coñecer tanto a perspectiva artística como a dimensión organizativa e institucional dun proxecto consolidado no panorama cultural galego.

Brönnimann, á fronte da formación, achegará a súa experiencia no ámbito da dirección orquestral e na proxección internacional da agrupación, mentres que Domínguez Varela exporá a visión do Consorcio como entidade implicada no apoio e desenvolvemento de iniciativas culturais estratéxicas para a cidade.

ÚLTIMAS

O Concello retoma o contrato do transporte urbano tras o rexeitamento dos recursos empresariais

O proceso de licitación do novo contrato do servizo de autobús urbano de Santiago queda...

María Rozas preside a constitución do Consello Municipal de Mocidade

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu...

Maite Flores denuncia unha “campaña de difamación” na primeira volta das eleccións á Reitoría da USC e pide un debate “académico” na segunda fase

A candidata á Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, denunciou...

Lestegás informa dun incremento das licenzas de obra maior en Santiago e defende priorizar a vivenda protexida

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, deu conta esta mañá dos datos de actividade...

María Rozas preside a constitución do Consello Municipal de Mocidade

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu...

O Consello da Cultura Galega entrega as Medallas de Honra a Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros

O Consello da Cultura Galega distinguiu este martes á filóloga estadounidense Kathleen March e...

The Rapants porá á venda 1.500 novas entradas para o concerto do 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar

A banda galega The Rapants anunciou que este mércores, 25 de febreiro, ás 12:00,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here