InicioCULTURAA guía definitiva do que facer este ano nas festas da Ascensión

A guía definitiva do que facer este ano nas festas da Ascensión

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Dende este mércores 8 de maio e ata o próximo domingo 12 de maio, celebráranse en Santiago, como todos os anos, as tradicionais festas da Ascensión. Para eses cinco días, o Concello de Santiago preparou unha programación chea de actuacións e actividades gratuítas ata completar aforo. Se estás por Compostela poderás desfrutar de concertos, actuacións folclóricas, a competición de drones “Dron Festival Gaelic GP”, carreiras, concursos, visitas teatralizadas, a feria cabalar, os Cabezudos, o torneo de chave, os monicreques e, por suposto, das tradicionais casetas e atraccións que xa están en marcha dende o día 4.

Dentro da programación, o que máis destaca na parte musical é o concerto dos 40 POP o mercares, a actuación da orquestra Panorama o mércores na praza do Obradoiro, o concerto do dúo vigués Fillas de Cassandra o xoves da praza da Quintana, o Compost Fest no que actuará Boyanka Kostova o venres na praza da Quintana e por suposto todas as Alboradas, o Folk na rúa e as amenizacións musicais que Terán lugar todos os días.

En canto ao baile, numerosos grupos tradicionais locais actuarán nas rúas durante todos os días, os cabezudos sairán o xoves festivo ao mediodía e como novidade este ano, o sábado comezarán as clases e os shows de tango.

Aquí tes a programación das actividades principais ordeada por días e horas:

Se queres saber máis podes consultar o documento da programación oficial aquí.

Mércores 8 de maio:

21:00 Concerto Santiago 40 POP presentado polo Dj Oscar Martínez e cos artistas:

  • David Otero
  • Bombai
  • Soge Culebra
  • Lérica
  • Mar Lucas
  • Álvaro Mayo
  • Álex Márquez
  • Lontreira

Na praza da Quintana.

22:30 Actuación da orquestra Panorama na praza do Obradoiro.

Xoves 9 de maio:

10:00 – 12:00 Alborada a cargo de A.C Pena Maior de Marrozos polo Casco Histórico.

10:00 – 14:15 Feria Cabalar no Recinto Ferial de Amio.

12:00 Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela na praza da Quintana.

12:30 Monicreques “A filla do Cacharulo Babaluva” na praza de Mazarelos.

12:30 Comparsa de Cabezudos co percorrido:

Rúa Nova, Praza das Praterías, Fonseca, Rúa do Franco, Praza do Toural, Rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, Praza de Cervantes, Santo Agostiño, Rúa Travesa, Casas Reais, Preguntoiro, Fonte Sequelo e Rúa Nova.

18:00 Folk da rúa en varias prazas do casco histórico:

Praza de Santo Agostina, Toral, Cervantes, Obradoiro e Praterías.

18:00 A Barraca por Compostela. Visita teatralizada pola ruta Valle Inclán.

Alameda, praza do Toral, rúa Nova, praza Mazarelos e praza das Praterías.

18:30 Monicreques de Kulas. Xan Perillán e a maleta máxima na praza de Mazarelos.

20:00 Actuación conxunta do Folk na rúa na praza de Praterías.

20:30 Adictos de Pentación Espectáculos no Auditorio de Galicia.

21:00 Concerto Fillas de Cassandra na praza da Quintana.

22:00 Actuación da orquestra Funçao Públika na praza do Obradoiro.

Venres 10 de maio

10:00-12:00 Alborada a cargo da A.C Música e Baile Tradicional de Conxo

12:30 e 18:30 Monicreques Dona Barriga Verde na praza de Mazarelos

20:30 XLVII Torneo da chave na Alameda

20:30 COMPOS FEST con actuacións de:

            Boyanka Kostova, André G.S., Dios Ke Te Crew, Cool Nenas.

            Na praza da Quintana.

22:00 Actuación da Orquestra Los Player´s na Alameda.

Sábado 11 de maio:

10:00-12:00 Alborada a cargo de Asociación Veciñal As Brañas de Andrés.

10:00-00:45 Campo de Hockey da USC
Dron Festival Gaelic GP

12:00-19:30 Actuacións de escolas de Baile Tradicional en varias prazas do casco histórico

Praza  de Santo Agostiño, Cervantes, Toural, Obradoiro, Quintana y Rúa da Travesa

12:30H Monicreques Alakrá. Barriga Verde ataca de novo na Praza de Mazarelos.

14:00 Festa dos maiores no Recinto Ferial de Amio.

17:00 Torneo de chave no Parque da Alameda.

17:00-18:00 DJ Ezequiel. Inés Gómez e Ezequiel no Palco da Alameda.

17:30 Corresa. Ruta da Prata de Angrois no Camiño Real de Angrois.

18:00 A Barraca por Compostela. Visita teatralizada por la ruta Valle Inclán.
Alameda, praza do Toural, rúa Nova, praza de Mazarelos y praza das Praterías.

18:30 Monicreques Alakrá. Barriga Verde ataca de novo na Praza de Mazarelos.

20:00-23:00 Cantos de taberna en varios locais do casco histórico.

21:30 Tabalo e show de Tango en A Nave de Vidán.

22:00 Concerto de Billie Marten na Praza da Quintana.

22:00 Actuación da Orquestra Finisterre no Parque de la Alameda.

Domingo 12 de maio

09:00 horas: XXIII Carreira da Ascensión. Club ciclista Compostela. Saída e meta na Avenida de Xoán Carlos I.

10:00 horas: Alborada a cargo dos Enxebres de San Lázaro.

12:30 horas: Monicreques. Barriga Verde na Praza de Mazarelos.

18:00 horas: Milonga de tarde con DJ Pablo Magín Lopez.

19:00 horas: Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela na Praza da Quintana.

Se queres saber máis podes consultar o documento da programación oficial aquí.

ÚLTIMAS

Bouza encabeza a lista do PSOE de Santiago ao congreso do PSdeG

O PSOE de Santiago elixiu á súa delegación para o 15º Congreso Nacional que o PSdeG...

Así era Compostela a finais do século XX vista dende o obxectivo de Manuel Chicharro

A Casa do Cabido acolle a mostra Compostela a Lupa. Manuel Chicharro Bisi entre...

O Concello incoa de novo expediente á sala Malatesta por elevados niveis de ruído

O Concello de Santiago notificou a incoación dun novo expediente á sala Malatesta por elevados niveis...

O exconcelleiro socialista José Manuel Pichel declara como investigado polo ‘caso Desproi’

O coñecido como 'caso Desproi' segue en vía xudicial e, despois de que a maxistrada...

Así era Compostela a finais do século XX vista dende o obxectivo de Manuel Chicharro

A Casa do Cabido acolle a mostra Compostela a Lupa. Manuel Chicharro Bisi entre...

[VÍDEO] Sabela Hermida, actriz e bailarina: “Encarnamos personaxes universais do teatro clásico e moderno, dentro dun teatro derruído e sitiado”

Hoxe conversamos con Sabela Hermida, actriz e bailarina nada en Vigo pero con moita...

A USC presenta un libro sobre a primeira peregrinación erudita polo Camiño de Santiago

Os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Taín e Patricia Fra, presentaron...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here