InicioCULTURAA Escola Mestre Mateo contará cunha nova promoción da modalidade dual de...

A Escola Mestre Mateo contará cunha nova promoción da modalidade dual de Xoiaría e Complementos

A modalidade xa comezou a impartirse por primeira vez este curso.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia reforzará o próximo curso a oferta académica da Escola de Arte Superior de Deseño EASD Mestre Mateo de Santiago coa incorporación dunha nova promoción de alumnado da modalidade dual para a itinerario Xoiaría e Complementos.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asinou este mércores dous convenios de colaboración co Colexio oficial de Xoiaría de Galicia e coa Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela para a nova promoción de alumnado que cursará esta modalidade formativa, que xa comezou a impartirse por primeira vez este curso.

Tal e como lembrou a Xunta, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo foi a primeira, e a única de Galicia, en ofertar o itinerario desagregado de Xoiaría e Complementos na especialidade de Produto, cunha “moi boa acollida” por parte do alumnado, xa que se cubriron por completo as 15 prazas ofertadas.

A partir de agora, e grazas aos convenios asinados este mércores, os estudantes matriculados neste itinerario poderán compaxinar a súa formación académica na Escola coa formación práctica en distintas firmas de xoiaría e ourivaría.

Esta formación de carácter dual realizarase de maneira compartida entre as empresas e o centro educativo en 3º e 4º curso, durante os cales os alumnos estarán incorporados ao réxime da Seguridade Social e percibirán o salario correspondente de acordo co marco normativo vixente.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...