InicioCULTURAO Ateneo de Santiago acollerá unha conferencia sobre os 50 anos do...

O Ateneo de Santiago acollerá unha conferencia sobre os 50 anos do Atlas Lingüístico Galego

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago acollerá o vindeiro luns 19, ás 19:30, a conferencia titulada ‘O Atlas Lingüístico Galego: 50 anos despois‘. A sesión celebrarase na súa sede da rúa do Vilar, 19, e estará impartida por Francisco Fernández Rei, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto da Lingua Galega.

A conferencia propón unha revisión do percorrido histórico e científico do Atlas Lingüístico Galego, coincidindo co medio século transcorrido desde o inicio dos seus traballos de campo. Este proxecto converteuse ao longo das décadas nun instrumento esencial para o estudo da variación dialectal do galego, así como nunha fonte de referencia para investigacións de carácter lingüístico, histórico e sociocultural relacionadas coa realidade do país.

Durante o relatorio, Fernández Rei afondará no contexto no que xurdiu o Atlas, na metodoloxía empregada para a recolla dos datos e na súa achega ao coñecemento da diversidade interna da lingua galega. A sesión tamén permitirá reflexionar sobre a vixencia destes materiais e o seu valor para as investigacións actuais e futuras no ámbito da filoloxía e das ciencias sociais.

Francisco Fernández Rei mantén unha longa vinculación co Instituto da Lingua Galega, do que forma parte desde 1974, e integrouse no equipo redactor do Atlas Lingüístico Galego desde as súas primeiras etapas. Doutorouse cunha tese centrada no verbo galego e desenvolveu unha extensa carreira académica, con actividade docente e investigadora en universidades de Europa e América. Ademais, dirixe o Arquivo do Galego Oral e é membro numerario da Real Academia Galega.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here