InicioCULTURAA Casa das Máquinas acolle a Maker Faire Galicia cunha defensa dos...

A Casa das Máquinas acolle a Maker Faire Galicia cunha defensa dos oficios tradicionais como motor económico

María Rozas subliña que a artesanía e a innovación “xeran emprego” e forman parte da identidade compostelá

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A Casa das Máquinas abriu este venres unha nova edición da Maker Faire Galicia, unha xornada dedicada aos oficios na que a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, salientou o papel estratéxico da artesanía e do talento creador no desenvolvemento económico da cidade.

No acto inaugural, a concelleira deu a benvida ao público lembrando a transformación que viviu o edificio, antigo espazo industrial ligado á chegada da electricidade a Santiago e hoxe convertido nun centro de actividade creativa. Subliñou que o inmoble “loce máis impresionante ca nunca”, agradecendo o traballo da equipa implicada na súa rehabilitación e preparación para o encontro.

Rozas afirmou que o lugar funciona como símbolo da memoria colectiva da cidade e, ao mesmo tempo, como espazo idóneo para falar do futuro dos oficios. Indicou que, desde a área municipal de Promoción Económica, se aposta por actualizar os oficios tradicionais desde a innovación, afastándose da visión nostálxica para poñer o foco nun modelo produtivo sustentable e con capacidade para crear emprego. “É unha aposta pola nosa identidade, polo noso talento e por quen traballa arreo moitas veces contra a corrente”, explicou.

A concelleira destacou que a Maker Faire 2025 está a ofrecer “todas alegrías”, en referencia ao bo funcionamento da edición e ao acerto de dividir o evento en tres encontros complementarios —innovación social, industria e oficios— que permiten visibilizar as distintas vertentes do universo maker. Defendeu que esta estrutura reforza as liñas estratéxicas do Concello, vinculadas á promoción económica e ao apoio ás iniciativas creativas.

UN PROGRAMA CENTRADO NA CREACIÓN CONTEMPORÁNEA

A xornada reuniu profesionais da artesanía, o deseño e a innovación circular. Na mesa inaugural participaron Enrique Saavedra, cofundador da Maker Faire Galicia; Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo; Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, e a propia concelleira compostelá.

Entre as intervencións na xornada destacan a presentación de Revista Salghadoiro, a cargo de Leticia Castro; a experiencia do podcast ‘Da Néboa‘, presentada por María Gómez-Domínguez, e a charla de Asubía Marketing, con María Regueiro, centrada na comunicación para marcas culturais e artesás. A creadora Julia Steketee expuxo o proxecto Bagaceira Project, onde combina biomateriais, bioconstrución e prácticas circulares.

Tamén tivo lugar un faladoiro sobre biomateriais, con Noemí Cortizas (Ydemaker), Steketee e Paula Camiña, que analizaron como a experimentación está a abrir novos camiños para a creación sostible. O programa completouse coa participación de ACME Estudio, colectivo madrileño que traballa desde a circularidade, e coa intervención da biodeseñadora Paula Camiña, actualmente vinculada á empresa Dulcie.

A parte final das charlas incluíu a intervención de Ramón Santos, de La Crisálida, que explicou o labor de recuperación dunha histórica mercería coruñesa e o peso dos oficios na conservación da memoria local.

OBRADOIROS PARA TODOS OS PÚBLICOS

A programación incorporou múltiples talleres prácticos, desde forxa con plastilina e arte con ensamblaxe ata estampado con materiais de refugallo. Ademais, houbo actividades centradas no tecido con dedos, orientadas á creación de flores téxtiles a partir de materiais reciclados, e un taller de bordado sobre fotografía aberto a persoas sen experiencia previa.

A Maker Faire Galicia continuará ao longo do día na Casa das Máquinas cunha ampla participación de creadoras, artesáns e proxectos que reivindican a combinación entre tradición, innovación e sustentabilidade como eixo fundamental do sector creativo galego. Pode consultarse toda a programación na súa web www.makerfairegalicia.es

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here