InicioCULTURAA Catedral conmemora o Día de Santa Cecilia cunha exposición e un...

A Catedral conmemora o Día de Santa Cecilia cunha exposición e un concerto dedicado a Palestrina

O templo compostelán celebra o 22 de novembro o Día Internacional da Música con visitas guiadas, misa solemne e a sinatura dun convenio co Centro Superior de Música de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

A Catedral de Santiago celebrará o Día de Santa Cecilia, patroa da música, con un amplo programa cultural e litúrxico o vindeiro 22 de novembro, coincidindo co Día Internacional da Música, proclamado pola UNESCO en 1975.

A primeira das actividades é a exposición temporal ‘La música en la Catedral de Santiago’, aberta desde esta semana na Biblioteca Capitular e visitable con calquera das modalidades do Museo da Catedral. A mostra reúne algunhas das peças máis valiosas do arquivo musical catedralicio, entre elas a primeira polifonía europea do Códice Calixtino, un cantoral de canto llano, outro de polifonía con obras de Palestrina, manuscritos de mestres de capela como Vaquedano, Melchor López e Santiago Tafall, ou o libro de órgano de Joaquín Sánchez.

Tamén se exhiben composicións máis recentes, como o ‘Himno al Apóstol Santiago’ de Manuel Soler Palmer (1920), a ‘Misa al Apóstol’ de Marco Frisina (2021-2022) e unha obra litúrxica de Fernando Buide (2025). No mesmo espazo poderá contemplarse ademais unha réplica do organistrum, o emblemático instrumento esculpido na arquivolta central do Pórtico da Gloria.

O propio sábado 22, a programación incluirá visitas guiadas ao órgano e á exposición, con grupos reducidos e inscrición previa no correo deac@catedraldesantiago.es, nos horarios de 10:30, 13:30 e 16:00.

Xa pola tarde, ás 19:30, celebrarase unha misa solemne presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, na que intervirá a Escolanía da Catedral e se realizará o rito de admisión dos novos integrantes. Participará tamén un grupo instrumental do Centro Superior de Música de Galicia (CsmG), entidade coa que ese mesmo día a Fundación Catedral asinará o seu convenio anual de colaboración.

A xornada culminará cun concerto monográfico dedicado a Giovanni Pierluigi da Palestrina, no V centenario do seu nacemento (1525-2025), interpretado polo grupo Vox Stellae. O acceso será libre ata completar aforo.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here