InicioCULTURAKaty Perry fará parada no Monte do Gozo dentro da súa xira...

Katy Perry fará parada no Monte do Gozo dentro da súa xira europea: primeira gran confirmación do Son do Camiño 2026

Ícono global, referente da cultura pop e unha das artistas femininas máis influentes do século XXI, Katy Perry aterrarará en Santiago de Compostela no marco da súa nova xira europea, que se perfila como unha das máis espectaculares e agardadas do ano

Publicado o

Xornal de Compostela

Tras anunciar a semana pasada as súas datas oficiais para 2026 –os días 18, 19 e 20 de xuño no Monte do Gozo–, O Son do Camiño revela hoxe o primeiro nome do seu cartel: Katy Perry será unha das grandes protagonistas dunha nova edición que promete volver facer historia.

Ícono global, referente da cultura pop e unha das artistas femininas máis influentes do século XXI, Katy Perry aterrarará en Santiago de Compostela no marco da súa nova xira europea, que se perfila como unha das máis espectaculares e agardadas do ano. Será unha oportunidade única para gozar do seu impoñente directo, cunha produción de primeiro nivel e un repertorio cheo de himnos que marcaron toda unha xeración.

Con este anuncio, o festival confirma o seu compromiso cos grandes nomes do panorama internacional e consolida a súa posición como un dos eventos musicais imprescindibles de Europa. Unha posición que quedará aínda máis reforzada co anuncio doutro gran cabeza de cartel que se revelará mañá. Os abonos para a edición de 2026 poranse á venda o vindeiro venres 17 de outubro ás 12 do mediodía.

O Son do Camiño regresa en 2026 para celebrar unha nova edición no recinto máis mítico do país, O Monte do Gozo, co impulso da Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo, e coa ambición intacta de superar todos os récords previos de asistencia, repercusión e calidade artística. Desde a súa primeira edición en 2018, o festival colgou o cartel de “sold out” en todas as convocatorias, atraendo a milleiros de asistentes de todo o mundo e convertendo Galicia nunha parada obrigada do circuíto internacional de festivais.

O festival está producido polas promotoras galegas Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise, que seguen apostando por un evento concibido en Galicia, desde Galicia e para o mundo. A conta atrás xa comezou. E con Katy Perry como primeiro gran nome, O Son do Camiño 2026 prepárase para vivir unha edición inesquecible. E, para rematar, lembrade: atentos, porque mañá o festival anunciará outro gran cabeza de cartel.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here