InicioCULTURAO CEIP Mestre Rodríguez Xixirei gaña o XVI Premio Educacompostela co proxecto...

O CEIP Mestre Rodríguez Xixirei gaña o XVI Premio Educacompostela co proxecto sobre o patrimonio de Sabugueira

O xurado destacou tamén traballos do IES Politécnico de Vigo e da Asemblea de Cooperación pola Paz, con sede en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega entregaron os galardóns da XVI edición dos Premios Educacompostela, uns recoñecementos destinados a promover a innovación pedagóxica e a calidade educativa en Galicia. O primeiro premio foi para o proxecto O patrimonio de Sabugueira, elaborado polo CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, da capital galega.

O xurado subliñou o carácter interdisciplinar e interxeracional desta iniciativa, que parte da biblioteca escolar e involucra toda a comunidade educativa e a veciñanza, centrando o seu labor na investigación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial da parroquia de Sabugueira.

O segundo premio recaeu en O voo 2316: química forense na aula, de María González Iglesias, profesora do IES Politécnico de Vigo (Pontevedra). O tribunal valorou o uso de metodoloxías activas baseadas na investigación e na aprendizaxe a través do xogo, trasladando contidos teóricos das ciencias experimentais a procesos prácticos e participativos, con atención á diversidade mediante o deseño universal da aprendizaxe (DUA).

O terceiro galardón foi para A viaxe, cando escapar non é un xogo, presentado pola Asemblea de Cooperación pola Paz (Santiago de Compostela). Neste caso, destacouse a calidade e variedade dos materiais, o coidado do deseño e a súa adaptabilidade a distintas etapas educativas, ademais do feito de ser unha proposta elaborada por unha entidade externa ao ámbito escolar, pensada para contextos educativos diversos.

Finalmente, o xurado outorgou unha mención especial ao proxecto Mentes inquietas, desenvolvido por María Isabel González Piñeiro, do IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), pola notable implicación do centro educativo na iniciativa.

Os Premios Educacompostela teñen como obxectivo recoñecer e difundir materiais didácticos de interese educativo, abertos a todas as etapas e contextos do ensino galego, desde infantil ata educación postobrigatoria, incluíndo tamén accións de carácter socioeducativo.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here