InicioCULTURAA Sala Capitol acollerá un concerto solidario con Gaza organizado pola Fundación...

A Sala Capitol acollerá un concerto solidario con Gaza organizado pola Fundación Araguaney

Mondra, Wöyza, Ruxe Ruxe e Monoulious DOP únense o 9 de outubro a favor da UNRWA, nun evento da Semana de Cine Euroárabe AMAL

Publicado o

Xornal de Compostela

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Festival AMAL celebrarán o mércores 9 de outubro na Sala Capitol de Santiago de Compostela, ás 20:30, a segunda edición do ‘AMAL X GAZA. Concerto solidario (Artistas galegas x Palestina)’. O acto enmárcase na programación da XXIII Semana de Cine Euroárabe AMAL e conta co apoio da Cátedra USC–Araguaney para o Diálogo entre Culturas e da SGAE.

O obxectivo principal do concerto é recaudar fondos para a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados e Refuxiadas de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA). Desde a Fundación Araguaney lembran que, malia que varios países —entre eles a Unión Europea e o Estado español— retomaron en 2024 parte do financiamento suspendido, a axencia continúa nunha situación crítica que compromete a distribución de alimentos, medicamentos e servizos básicos de educación e sanidade para millóns de persoas.

O cartel reúne artistas galegos de primeiro nivel que participan de forma altruísta: Mondra, Wöyza, Ruxe Ruxe e Monoulious DOP, aos que se suma a actuación do grupo de danza palestino Watani, con sede en Madrid.

As entradas teñen un prezo anticipado de 15 euros máis gastos de xestión e poden adquirirse a través da páxina web da Sala Capitol, na Reixa Tenda (rúa do Hórreo, 46) e o propio día do concerto no despacho de billetes da sala desde as 19:30. A apertura de portas será ás 19:45 e o acceso está restrinxido a maiores de 16 anos.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here