InicioCULTURAA Área Empresarial do Tambre inaugura unha exposición con obras de Silva,...

A Área Empresarial do Tambre inaugura unha exposición con obras de Silva, Quiñoy e Blanco

O centro acollerá desde este luns máis de medio cento de pezas de tres artistas composteláns

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará mañá luns, 8 de setembro, unha mostra pictórica que reunirá o traballo de Juan Silva, Manuel Quiñoy e Manuel Blanco. O acto terá lugar ás 20:00 no Centro Empresarial do Tambre e contará coa presenza de representantes institucionais, entre eles o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o bispo de Santiago, Francisco José Prieto, ou o secretario xeral adxunto da CEG, José Manuel Maceira. Tamén asistirá o pintor e presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, xunto con outras personalidades dos ámbitos político e cultural.

A exposición reúne máis de 50 obras, que abranguen estilos e técnicas moi diferentes. Juan Silva amosará 16 óleos e un carboncillo, na súa maioría retratos anónimos, xunto a figuras coñecidas como o alcalde de Málaga ou o rei de Marrocos, ademais de dous autorretratos. O autor, formado con mestres como Raúl Gil Burés ou Richard Schmid, presenta unha retrospectiva desde 1995 con obras figurativas elaboradas tanto alla prima como con veladuras.

Pola súa parte, Manuel Quiñoy, natural de Santiago, achega unha vintena de óleos nos que recrea vistas urbanas do casco histórico compostelán. O artista, autodidacta e inspirado por referentes como Velázquez, Vermeer ou Dalí, combina realismo e surrealismo, con algunhas pezas próximas ao hiperrealismo.

En canto a Manuel Blanco, tamén compostelán, exporá unha selección do seu traballo desenvolvido desde 2010. Inclúe pinturas luminosas nocturnas, pezas da serie Miradas diferentes exhibida no Parador dos Reis Católicos, así como pratos e cunchas decorados con motivos xacobeos. Entre eles destaca un prato de madeira co gravado da última sincronía do Códice Calixtino. O autor, que comezou a súa traxectoria nos anos 90 e é autodidacta, combina soportes diversos como tea, coiro, cerámica ou madeira.

A mostra permanecerá aberta ata o 25 de setembro, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Recoméndase avisar previamente da visita no teléfono 981 55 28 50.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here