InicioCULTURAO Festival Lanzadeira regresa á Praza 8 de marzo co talento emerxente...

O Festival Lanzadeira regresa á Praza 8 de marzo co talento emerxente da Almáciga

A cuarta edición adiántase a agosto e contará con Patrik, Chiskeiro, Ginko Biloba e Zeltia Irevire

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro Xove da Almáciga volverá ser o punto de partida para dar visibilidade ao talento musical local coa celebración da cuarta edición do Festival Lanzadeira, que terá lugar o venres 22 de agosto na Praza 8 de marzo. A cita, con entrada libre, comezará ás 19:30 e reunirá catro propostas musicais de estilos diversos.

O cartel desta edición está composto polo country de Patrik, o punk de Chiskeiro, o rock alternativo de Ginko Biloba e o folk tribal de Zeltia Irevire, que será a encargada de pechar o evento. Moitos destes grupos e artistas xa tiveron presenza en espazos significativos da cidade, como o Banquete de Conxo, as festas do barrio de San Pedro ou os concertos de Galeras nas festas do Apóstolo.

O festival Lanzadeira constitúe unha plataforma de visibilidade e aprendizaxe para as bandas que ensaian nos locais municipais do Centro Xove, ofrecendo un escenario profesional con son, montaxe e iluminación avanzados. O obxectivo é reforzar o proceso formativo destes proxectos musicais e apoiar a súa profesionalización, favorecendo que a mocidade compostelá dispoña de oportunidades reais para mostrar o seu traballo en directo.

Deste xeito, Santiago acollerá unha nova edición dun festival que xa se consolidou como espazo de encontro entre a creación xuvenil e o público, contribuíndo á dinamización cultural da cidade.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here